jueves, 14 de diciembre de 2017

Contratadas as obras de posta en valor da contorna da Igrexa visigótica de San Torcuato en Santa Comba, Bande

Onte publicaba o Boletín Oficial do Estado (BOE), que o Ministerio de Fomento formalizou o contrato das obras de posta en valor da contorna da Igrexa visigótica de San Torcuato en Santa Comba, Bande (Ourense).

As obras iniciaranse nas próximas semanas e prevese un prazo de execución de tres meses. O orzamento da actuación ascende a 280.405,40 euros, que financiará integramente o Ministerio de Fomento dentro do Programa de Rehabilitación Arquitectónica.

A igrexa de Santa Comba de Bande é de estilo visigótico (s. VII) e de tipo monacal. O conxunto foi declarado Monumento Nacional o 11 de agosto de 1921 e Ben de Interese Cultural conforme á Lei 16/1985 do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

As obras teñen por obxecto poñer en valor o conxunto arquitectónico da igrexa de San Torcuato, dado o mal estado no que se atopan as rúas que circundan o templo. Trátase, con iso, de permitir o tránsito local dos residentes no pobo, así como solucionar á súa vez a canalización das augas na contorna da igrexa a fin de evitar infiltracións e problemas de humidades na mesma.

Esta nova actuación demostra o compromiso do Goberno de protexer e salvagardar o Patrimonio Cultural Español.

Quero facer un recoñecemento á deputada Ana Belén Vázquez Blanco, natural de Bande que foi a gran impulsora desta demanda, tamén a anterior ministra de Fomento., Ana Pastor que foi sensible a esta petición e parabens a  José Antonio Armada Pérez, eficaz e emprendedor alcalde deste fermoso Concello de Ourense.

Programa de Rehabilitación Arquitectónica e 1,5% Cultural 

A mencionada actuación realízase no marco do Programa de Rehabilitación do Patrimonio Arquitectónico, que consiste no financiamento de obras relevantes de rehabilitación do patrimonio arquitectónico español e dotación de equipamentos públicos cos orzamentos propios do Ministerio.

Nestes casos Fomento financia as obras e exerce como órgano de contratación das mesmas. Doutra banda, o Ministerio de Fomento financia moitas actuacións de intervención no Patrimonio Histórico Español mediante a achega do 1,5% da contratación de obra pública xestionada polo propio Ministerio.

 O programa do 1,5% Cultural é un dos instrumentos da Administración Xeral do Estado para responder o mandato constitucional polo que os Poderes Públicos deben garantir a conservación e promover o enriquecemento do patrimonio histórico, cultural e artístico dos pobos de España e dos bens que o integran.

No marco deste Programa, publicouse unha nova Convocatoria de Axudas o pasado 19 de xullo que supoñerá unha achega máxima por parte do Ministerio de Fomento de 50.520.823,21 €.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta