sábado, 16 de diciembre de 2017

Ourense estrea unha magnífica pista de atletismo cuberta en Ourense

Participo esta mañá da inauguración dunha pista de atletismo, cuberta e hidráulica, no Recinto Feiral de Expourense.

Un acto no que o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que esta nova pista cuberta reforzará a presenza de Ourense no mapa europeo do atletismo, cunhas instalacións que contan coa tecnoloxía máis avanzada que acollerán os adestramentos dos grandes atletas galegos, españois e estranxeiros, converténdose nunha das tres mellores pistas cubertas de España
Feijóo subliñou que nesta nova infraestrutura celebrarase, durante os días 3 e 4 de marzo de 2018, o Campionato de España sub 20. “E os 400 atletas adultos e os 350 cativos que compiten hoxe aquí, no Trofeo Inaugural Pista Cuberta, poden comprobar por si mesmos a calidade desta nova instalación deportiva”, engadiu.
Ao longo da súa intervención, titular da Xunta lembrou que Galicia xa é unha comunidade de referencia en atletismo, unha posición que gañan cada día os atletas profesionais e os numerosos clubs que engrandecen este deporte por toda a xeografía galega. Nesta liña, aseverou que todos eles encarnan algúns dos mellores valores: a perseveranza, o espírito de superación e a lealdade.
Feijóo concluíu aseverando que esta nova pista de atletismo da que disporá a cidade de Ourense, “a única pista cuberta homologada do noroeste español”, cumpre un dobre cometido: facilitar unhas instalacións ao máximo nivel de esixencia do atletismo europeo; e reforzar o atractivo que ten o atletismo para moitos rapaces.
Agradecer ao presidenfe Feijóo que trouxera este investimento de case 3 millóns de euros a Ourense e felicitar a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, impulsora desta excelente  infraestrutura deportiva ourensá que marcará unha nova época no atletismo galego que será un referente a nivel nacional e un reclamo para que os mellores deportistas queiran vir competir a Ourense. Tamén recoñecer o traballo do seu predecesor José Ramón Lete.
E por suposto, recoñecer o traballo  de Expourense na persoa de Alejandro Rubín, e do Concello de Ourense na persoa do alcalde Jesús Vázquez.

Ademais, quedo gratamente sorprendido por un bonito mural obra do artista urbano Mon Devane no que relaciona os monumentos máis identificativos de Ourense (Ponte romana, Catedral, Burgas,Ponte do Milenio) con atletas en pleno movemento. Parabéns ao autor que ten una obra moi salientable que paga a pena coñecela: https://www.mondevane.es/



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta