Licitada a redacción do proxecto da Variante de Monforte de Lemos da A-76

Publica hoxe o BOE o Anuncio de licitación da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento. Obxecto: Redacción dos proxectos de trazado e construción de: Autovía A-76 Ponferrada-Ourense. Tramo: ligazón de Monforte Este-Babela. Provincia de Lugo. Expediente: 30.70/17-3;12-LU-4710. Ë a coñecida Variante de Monforte de Lemos

O prazo de execución/entrega é de 18 meses e o orzamento base de licitación ten un importe neto de 856.800,00 euros e un importe total: 1.036.728,00 euros.

O orzamento das obras para definir polo proxecto estímase en 32,6 millóns de euros.

Esta actuación conformará un itinerario de gran capacidade alternativo á estrada N-120, mellorando de forma notable os tempos de percorrido e as condicións de seguridade dos usuarios.

Características técnicas:

O tramo, dun 7,7 km, afecta os termos municipais de Monforte de Lemos, Sober e Pantón, todos eles na provincia de Lugo.

Nos primeiros quilómetros, a partir da ligazón de Monforte Este e ata a ligazón de Monforte Oeste, na contorna do Alto dá Bastida, o tramo desenvolverase como variante de novo trazado do núcleo de Monforte de Lemos.

Desde ese punto, está previsto duplicar a actual estrada N-120 ata chegar a Babela, onde se remodelará a actual ligazón coa estrada autonómica de Monforte a Chantada, que servirá tamén de conexión coa futura autovía A-72 (Monforte-Chantada).


O relevo do amplo val de Lemos é moi suave, non sendo necesario nin o deseño de túneles nin de importantes estruturas lonxitudinais á traza.

Recordo que o pasado 25 de outubro preguntaba na Comisión de Fomento ao Secretario Xeral de Infraestruturas sobre diversas cuestións relacionadas coas nosas estradas e autovías.

E xustamente en relación coa Autovía a-76 anunciaba a inminente licitación da variante monfortina, á vez que informaba sobre os restantes tramos.  

- A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras (Este): (8,4 km; 26,35 M€), na provincia de Ourense. O seu proxecto de trazado foi aprobado provisionalmente en xullo de 2017 e sometido a información pública (BOE de 27/07/2017). pendente de aprobación para proceder logo a licitación das obras.

- Villamartín da Abadía-Requejo: Este tramo leonés (7,6 km; 35,26 M€),  está pendente de que se someta a información pública no último trimestre de 2017.


Requejo-A Veiga de Cascallá (nas provincias de León e Ourense). (10,7 km; 223 M€): O contrato de servizos para a redacción do proxecto foi licitado (BOE do 02/04/16) e adxudicado e formalizado o 8 de xuño de 2017.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.