viernes, 10 de noviembre de 2017

Unha interesante exposición fotográfica sobre a Praza de Abastos de Ourense

Asisto esta tarde no Centro Cultural Marcos Valcárcel ao acto inaugural dunha exposición froito da colaboración entre a Praza de Abastos número 1 de Ourense e a Escola de Arte Antonio Faílde.

En total trátase de 148 instantáneas realizadas por 16 alumnos do módulo de fotografía e coordinados por Antón Gacía Freire e Alberto González Villar, nas que se recolle a vida da actual Praza de Abastos. 


Explican os promotores que "pretendemos facer unha humilde achega á memoria histórica da cidade de Ourense, deixando constancia de como é este mercado emblemático. 


Un lugar que ao longo dá súa historia serviu non só como fonte de abastecemento, senón tamén como punto de encontro da cidadanía, e que agora vai a ser remozado para adaptarse as novas necesidades dos consumidores do século XXI.
Por medio deste basto traballo realizado no primeiro curso do Ciclo Superior de Fotografía do ano escolar 2016-17, queremos deixar constancia, non só de como era este lugar, amosando con claridade a súa arquitectura, senón tamén as súas actividades, os seus prazeiros, os clientes, os produtos, e outras actividades case descoñecidas como o lavado da roupa nos antigos lavadoiros.

 En definitiva, o Modus Vivendi deste espazo fundamental na vida da cidade."

Neste acto interveu o presidente da Asociación de Comerciantes, Emilio González que recoñeceu o traballo feito e dixo "pedímoslles que fixesen un retrato da arquitectura da Praza, para ter un recordo antes da súa reforma, e o resultado foi unha visión moito máis completa que inclúe a placeiros e clientes".

Recomendo visitar esta interesante exposición.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta