O ministro Íñigo de la Serna comparece o vindeiro mercores na Comisión de Fomento para presentar o Plan de Innovación para o transporte e as infraestruturas 2017-2020

O vindeiro mércores desde as 16,00 horas comparecerá na Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, para presentar o Plan de Innovación para o transporte e as infraestruturas 2017-2020, que promove o liderado mundial de España no transporte e as infraestruturas a través da innovación, co usuario final como centro do proceso e coa participación de toda a sociedade.

Este plan marca unha folla de ruta e pretende integrar e coordinar toda a actividade en materia de innovación das empresas e institucións do Grupo Fomento. 

Con este posicionamento, búscase favorecer a constitución dun ecosistema innovador que integre todos os sectores da sociedade e articule unha rede de conexións entre eles, cun papel destacado para a interacción coas startups que permitirán acelerar a integración da tecnoloxía nos proxectos. 

Unha aposta clara pola dixitalización, a eficiencia enerxética e a sustentabilidade.

Ademais, pretende elevar a rendibilidade económica e social dos investimentos, incrementando a efectividade do investimento público e privado.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.