viernes, 3 de noviembre de 2017

O MAPAMA investirá 1,35 M€ en actuacións de emerxencia en canles de ríos da demarcación hidrográfica Miño-Sil

Anuncia hoxe o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA) que investirá 2,3 millóns de euros en actuacións de emerxencia para reparar os danos causados polos incendios rexistrados os pasados meses de setembro e outubro nas demarcacións hidrográficas do Miño- Sil (1,35 millóns de euros), do Douro (515.000 euros) e do Cantábrico (430.000 euros).

Na demarcación hidrográfica Miño-Sil actuarase sobre un superficie de máis de 28.000 hectáreas en canles de ríos e afluentes como Brull, Mirela ou Senna en Ourense, Mendo, Uma ou Tea en Pontevedra, na Conca do Rego de Bregadiñas en Lugo ou nas concas dos ríos Cabrera, San Miguel e As Veigas en León, entre outros.

As áreas de actuación correspóndense coas zonas máis afectadas por incendios de extensión maior de 300 Ha. No total da Demarcación Miño-Sil actuarase en 26 zonas, 15 na provincia de Ourense, 6 na de Pontevedra, 4 na de León e 1 na de Lugo, estas foron definidas e delimitadas pola Comunidade Autónoma como zonas de actuación prioritaria.

Os investimentos destinaranse a eliminar os tapóns formados polos restos vexetais que caeron á canle dos ríos debido aos incendios; á retirada de residuos e sedimentos que puidesen chegar ata as canles e que diminúen a súa capacidade de desaugadoiro; á curta de exemplares queimados e con risco de caída sobre o río, así como a pódaa selectiva daqueles exemplares danados pero que presentan indicios de rebrote.

Ademais, tamén se executarán defensas puntuais de marxes en puntos sensibles a sufrir erosións, así como fajinas para evitar o arrastre de cinzas ata a canle.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta