sábado, 25 de noviembre de 2017

No acto de entrega dos premios da 13 Bienal Internacional de Cartelismo "Terras Gauda"- Concurso Francisco Mantecón

Asisto onte en Vigo ao acto de entrega dos premios da 13ª Bienal Internacional de Cartelismo "Terras Gauda"-Concurso Francisco Mantecón.

A presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiron este acto na Estación Marítima de Vigo xunto ao presidente do grupo Terras Gauda José María Fonseca Moretón. 

O primeiro premio recaeu no estudo portugués United By dirixido por Miguel Palmeiro. Un galardón dotado con 10.000 euros en metálico que levará, ademais, ao cartel luso a converterse na imaxe da adega durante os próximos dous anos. A polaca Monika Prus, pola súa banda, fíxose co Primeiro Accésit Autoridade Portuaria de Vigo, recollendo así a testemuña dos seus compatriotas gañadoras das dúas edicións anteriores. O segundo Accésit correspondeu a outro artista gráfico portugués, João Machado. Finalmente, a Mención Especial foi para o xerezano Fernando Pinteño, que xa alcanzara a condición de finalista na edición de 2015

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, puso esta Bienal como exemplo do que Galicia é: tradición, innovación, talento e internacionalización.

Feijóo destacou a traxectoria deste certame que sitúa Vigo e a Comunidade no escaparate das vangardas artísticas internacionais, “porque Galicia –dixo- ten moito que amosar ao mundo no que a cartelismo se refire”. Ao respecto, resaltou que a Xunta xa está a traballar na preparación do centenario da Xeración Nós da man de todas as administracións, institucións culturais e entidades vinculadas.

Así mesmo, e consciente de toda a creatividade e innovación que atesoura a Comunidade, o Goberno galego está a trazar xa, en colaboración con todos os sectores da cultura, a Estratexia da Cultura Galega 2021, que aspirará a consolidar o tecido industrial creativo; apoiar a innovación cultural e a transversalidade da creatividade nos sectores produtivos; e potenciar a colaboración entre institucións públicas e privadas no ámbito da cultura.

O presidente da Xunta concluíu felicitando aos premiados e tamén ao Grupo Terras Gauda pola súa aposta pola investigación e a innovación, que fan posible que a Comunidade poda hoxe presumir duns viños excelentes que levan a marca Galicia por todo o mundo.

Parabéns a esta gran empresa.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta