Salientar
que ontre tras o Consello da Xunta o presidente do Goberno galego, Alberto
Núñez Feijóo, anunciou a contratación de
preto de 400 técnicos para reforzar o servizo de orientación laboral e axudar
aos desempregados a atopar novas oportunidades laborais axeitadas á súa
formación.
Logo de recordar que esta iniciativa foi
anunciada no Debate sobre o Estado da Autonomía, dentro da reforma do Servizo
Público de Emprego, Feijóo aseverou que para levar a cabo esta medida
investiranse 10,5 millóns de euros na contratación destes profesionais, que
reforzarán tanto o Servizo Público de Emprego de Galicia como os servizos de
emprego dos concellos e as entidades sen ánimo de lucro.
Non en van, esta iniciativa suporá, en
primeiro lugar, duplicar o número de orientadores das oficinas de emprego da
Xunta, sumando 130 novos orientadores, unha vez rematen a formación
teórico-práctica que recibirán a partir da semana que vén.
Dentro dos 10,5 millóns de euros, 4,6
millóns empregaranse para contratar a estes 130 profesionais, destinados ás 53
oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia. E o resto do orzamento
dividirase en dúas partes: para apoiar a contratación ou a renovación de 103
técnicos; e 3,5 millóns para 152 orientadores.
Ao longo da rolda de prensa, o titular
do Goberno galego aseverou que esta medida reforzará os servizos de orientación
laboral de Galicia, que pasarán a dispoñer de máis de 500 traballadores
especializados en fomentar a empregabilidade das persoas no paro, especialmente
daqueles colectivos con dificultades de inserción.
Por último, Feijóo salientou que estes
orientadores actuarán como titores personalizados, deseñando un itinerario e un
seguimento individualizado de cada demandante de emprego.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta