En Riós, na festa da castaña e do cogomelo

Asisto hoxe en Riós á XXIII edición da Festa da castaña e do cogomelo.

Nas diferentes casetas puidemos ver todas as variedades de produtos elaborados con castaña: fariñas, doces, pastas, etc. E como é habitual degustamos as castañas asadas e os tradicionais chourizos, e por suposto o viño de Monterrei.

No salón de plenos do Concello, asistin a entrega da “Castaña de Ouro” a D. J. Pedro Mansilla Vázquez, Doutor Enxeñeiro de Montes, e experto en fitopatloxía. Estudioso das pragas de insectos nas masas forestais así como investigador na loita integrada contra a endothia parasítica do castiñeiro

Tamén vimos as fotografías presentadas ao Concurso fotográfico sobre a temática do castilñeiro e o cogumelo.

Este ano foi pésimo para os produtores de castañas e cogomelos no concello de Riós que terán perdas económicas apreciables, estimadas en torno ao 50 %. 
As causas  teñen que ver coa seca, xa que por unha banda a  falta de choiva e por outra  a calor e os incendios acabaron con case todo.

Sinalar que o Riós é un dos concellos de Galicia con maior produción de castañas, e que a situación é moi similar en Castrelo do Viaria, Oímbra, A Gudiña ou A Mezquita, outras das grandes zonas produtoras de Monterrei e Conso-Frieiras.

As principais características diferenciadoras da "Castaña de Galicia" son:

- pericarpio fino, de cor marrón e brillante,
- epispermo (membrana) fino que penetra lixeiramente na semente e que se separa facilmente ao pelalo,
- sabor doce e textura firme non harinosa,
- entre o 50 e o 60 % de humidade do froito unha vez colleitado,
- en xeral, número de froitos por ourizo igual ou inferior a 3, 
- porcentaxe media de carbohidratos do 59,5 % (medido sobre materia seca), valor superior ao de todas as demais áreas de produción do territorio español, 

- moi baixas porcentaxes medias de rajado (4,5 %) e tabicado (2,1 %). As castañas galegas presentan o menor valor conxunto de ambos os parámetros respecto das restantes áreas de produción españolas. 



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.