Sobre o vindeiro Pleno do Congreso dos Deputados

O Pleno da próxima semana arrinca co debate de toma en consideración a proposta de reforma do Regulamento do Congreso dos Deputados presentada por Unidos Podemos-En Comù-En Marea para delimitar os casos nos que o Goberno pode opoñerse á tramitación de iniciativas lexislativas dos grupos parlamentarios se implican aumento dos créditos ou diminución dos ingresos orzamentarios.

O grupo proponente expón que a desconformidade do Goberno coa tramitación dunha iniciativa comuníquese de forma expresa e suficientemente motivada; que a Mesa poida solicitar informes e aclaracións; e que estea facultada para incluír o debate da proposición de lei "vetada" na orde do día cando considere que o criterio o Goberno non está suficientemente motivado e que a súa decisión pode violar os dereitos fundamentais ou a potestade lexislativa que asisten aos Parlamentarios.

O Pleno do martes continuará con de debate da proposta de modificación da Lei Orgánica de reforma parcial do réxime de permisos e licenzas, presentada polo Grupo Popular para permitir que o persoal da Administración de Xustiza recupere a situación previa ás medidas adoptadas pola crise económica, que reduciron os días de permiso do funcionariado.

Ademais, debaterase a proposición non de lei de reprobación aos ministros de Interior, Juan Ignacio Zoido, e de Asuntos Exteriores, Alfonso Dastis, presentada polo Grupo Confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, polo "incumprimento" dos compromisos asumidos en materia de refuxiados.

Acto seguido, debaterase outra proposición non de lei relativa ao apoio e respaldo aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado como garantes do Dereito a consecuencia de "ser obxecto dun acoso constante coa finalidade de impedir o exercicio das súas funcións" desde o pasado día 20 de decembro.

Por último, veranse as mocións consecuencia das interpelacións urxentes da semana anterior: do Grupo Socialista para garantir pensións públicas dignas e do Grupo Confederal de UP-EC-EM sobre a posición de España nas negociacións de directivas europeas para configurar a Unión Enerxética. 

O pleno renovarase o mércores, 25 de outubro, coas preguntas e interpelacións urxentes durante a Sesión de Control ao Goberno.

Por último, na orde do día do xoves, inclúense catorce ditames da Comisión de Asuntos Exteriores sobre Convenios Internacionais, relativos a diferentes protocolos de emendas, acordos e convenios.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.