Facendo balance de Debate sobre o estado da Autonomía

Onte asisto en Santiago de Compostela a unha reunión do Comité de dirección do PPdeG, presidida por Alberto Núñez Feijóo, onde se fixo balance de Debate sobre o estado da Autonomía que rematou o venres.

O secretario xeral do partido, Miguel Tellado, considerou que o discurso do presidente da Xunta do mércores foi un dos máis acertados dos últimos ano, posto que combinou un destacado ton institucional coa contundencia que require o actual momento político. “O que dixo, como o dixo e onde o dixo ten unha transcendencia histórica”, dixo.

O número dous dos populares galegos apuntou que o PPdeG sintouse moi representado na defensa de Galicia que fixo o presidente e na súa aposta por respectar o modelo de convivencia blindado en España pola propia Constitución, pero tamén polo seu desexo de que o diálogo que piden algúns non se base en retirarlle dereitos ou recursos aos galegos.

Miguel Tellado lembrou que no Debate foron anunciadas importantes decisións por parte de Alberto Núñez Feijóo, como unha nova baixada de impostos no rural, axudas á conciliación grazas a un aumento dos permisos de  maternidade no ámbito do funcionariado, incremento na Tarxeta Benvida, ou unha nova oferta de emprego público de 14.000 prazas.

“Máis alá de iso, En Marea pediu subir impostos, o PSOE unha reforma do Estatuto e o BNG, definir a Galicia como unha nación”, apunta o secretario xeral do PPdeG. “Esa é a diferencia entre os modelos de uns e doutros”.

Tellado lamentou tamén que a proposta de Feijóo de permitir que goberne a lista máis votada non tivera o respaldo dos socialistas, posto que esperaba deles que pensaran en clave de país e que iso lles permitira entender que esa tiranía das minorías era a causante de gran parte dos problemas da política actual. “A dependencia da Generalitat da CUP, a do Goberno de España de outros partidos á hora de facer os Orzamentos, e situacións como a do equipo de goberno en Ferrol deberían facernos reflexionar acerca da necesidade de mellorar a nosa lexislación electoral”, dixo.

Respecto as propostas de resolución debatidas esta mañá, dixo sentirse doído por non ter logrado que a oposición apoiara aos membros das Forzas e Corpos de Seguridade que están a ser acosados en Cataluña por desenvolver o seu traballo. “Son persoas, e a Cámara galega debería poder mandar unha mensaxe de apoio unánime a todos eles polo que están a sufrir”, dixo.

Ademais, na véspera do fin de semana na que o PSOE en Galicia renovará o seu liderado, Tellado desexou sorte a dirección dos socialistas galegos que sairá do seu proceso interno. O dirixente popular apunta que é imprescindible que superen as súas diferenzas internas e recuperen o liderado da oposición e da esquerda que perderon en favor das Mareas de Podemos.


“É certo que os enfrontamentos entre candidatos aireados nesta recta final da súa campaña interna non son a mellor sinal de cara a arranxar eses problemas, pero desexamos que volvan a ser unha forza política coa que poder falar, cun criterio claro e una dirección duradeira”, di.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.