Expresando gratitude a Policía Nacional no día dos Anxos Custodios

Asisto hoxe aos actos organizados pola Policía Nacional con motivo do día dos seus patróns; os Anxos Custodios.

Primeiro á misa na Catedral, presidida polo bispo, Don Leonardo Lemos Montanet.

E logo co acto institucional no Liceo  de Ourense, no que tras a entrega de distincións e condecoracións, houbo dúas intervencións.

A primeira do comisario xefe Antonio Álvarez Valencia que informou que  a cidade de Ourense goza dun nivel alto en materia de seguridade, afirmación avalada por uns datos que detallou
 
"Aténdonos a datos  sobre criminalidade auditados, a cidade de Ourense presenta taxa de criminalidade  de 23/1000 hab.; sendo a media nacional  44/1000 e como a taxa máis baixa preséntaa unha comunidade uniprovincial como  é A Rioxa, que é  de 24.5/1000 hab.; atopámonos ante un feito obxectivo e  é que Ourense é a capital onde os seus cidadáns, gozan dun  maior grao de seguridade.

Este nivel de seguridade conseguiuse, porque no ano en curso, a taxa de criminalidade, presentan un descenso de máis de 9%; o que equivale a unha vítima menos cada día respecto ao ano 2016 (que xa fora un ano positivo en materia de seguridade), dato que nos enche de satisfacción e que  reflicte o traballo do persoal tanto en labores de prevención como de investigación.

Pechou o acto o subdelegado do Goberno, Roberto Castro que entre outras cousas dixo:

Preservar a vontade das persoas que conforman unha colectividade, a través da satisfacción das leis e dos mandatos xudiciais, é unha das tarefas, non a única, que lle compete ás Forzas e Corpos de Seguridade, entre elas, á Policía Nacional. Edificante e pedagóxico encargo que neste acto teño e debo significar a voz chea, polo voso inquebrantable compromiso en resgardar e asegurar que as vontades plurais se exerzan e respecten.

Por iso hoxe, Día dos Anxos Custodios, festividade das mulleres e homes que forman parte deste senlleiro colectivo, quero expresarlles a vostedes a miña gratitude no nome de tódolos cidadáns que lle poñen cara e sentimento á nosa provincia, polo extraordinario labor a prol das inquedanzas, pretensións e proxectos das persoas, que en harmonía fan país.
Un país de unidade; un país de tolerancia; un país de pluralismo e democracia. Gratitude con maiúsculas, porque son dos que penso que a gratitude é a memoria do corazón, e calada non sirve a ninguén.”
Falou de “rexistros e cómputos que amosan índices de criminalidade por debaixo da media da comunidade e por suposto do Estado; unhas cifras para amosar unha satisfacción contida que dan sentido a miña afirmación de que Ourense é unha das provincias máis seguras de España. Afirmación e asentimento que só é posible tralo extraordinario traballo que todos vostedes desempeñan cada día. Dende o corazón, que tamén coa razón, reitérollela miña gratitude.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.