En setembro medra o paro rexistrado en 27.858 persoas

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de setembro de 2017.

Son os seguintes:

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal (SEPE) subiu en setembro en 27.858 persoas (0,82 %) en relación co mes anterior. 

Nos últimos 8 anos neste mesmo mes o paro rexistrado tiña aumentado en case 50.000 persoas (49.764). Así, a cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.410.182. Mantense así no seu nivel máis baixo dos últimos 8 anos. 

En termos desestacionalizados o paro volve diminuír e faio en 16.451 persoas. 

Nos 12 últimos meses, o paro reduciuse en 310.115 persoas, mantendo un mes máis un ritmo intenso de redución interanual do desemprego do - 8,34%. 

Durante os 9 primeiros meses de 2017 o desemprego diminuíu en 292.792 persoas. O paro rexistrado aumenta en 12 comunidades autónomas, encabezadas por Andalucía (10.273) e Estremadura (4.486). Baixa nas cinco restantes, lideradas por Castela-A Mancha (-4.135) e Comunidade Valenciana.

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado diminúe en Construción (-9.667), en Agricultura e Pesca (- 4.838) e en Industria (-3.622). Sobe, con todo, en Servizos (29.601) e entre o colectivo de persoas sen emprego anterior (16.384) 

O número de contratos indefinidos crece 12,7% O número de contratos rexistrados durante o mes de setembro foi de 1.993.267. Supón unha subida de 86.267 (4,52%) sobre o mesmo mes de 2016. 

En canto á contratación indefinida no mes de setembro rexistráronse 192.690 contratos desta modalidade. Supón un aumento de 21.678 (12,68%) sobre igual mes do ano anterior e é o mellor dato desde o inicio da recuperación. 

Acumúlanse así 44 meses de crecemento interanual ininterrompido da contratación indefinida. Os contratos indefinidos do mes de setembro a tempo completo incrementáronse un 15,4%. En termos acumulados nos nove primeiros meses alcanzaron 838.275, o 13,67% máis que en igual período do ano pasado e é a modalidade que máis crece. 

Hai que destacar que nos nove primeiros meses de 2017 a contratación indefinida entre os menores de 25 anos crece ao 21%. 

Ourense:

Medra o paro rexistrado en setembro en relación co mes anterior en 30  persoas, un 0,15 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado,  448 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 2,13 %. 

O número de parados queda en 20.601, deles 8.655 son homes e 11.946 mulleres, 19.468 son maiores de 25 anos e 1.133 menores.

Por sectores, 1.024 son da agricultura, 2.489 da industria, 1.940 da construción, 13.092 nos servizos e 1.948 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia medrou en setembro en 2.932 persoas con respecto a agosto (un 1,62  %).

O número de parados queda en 184.057, deles 78.343 son homes e 105.714 mulleres, 174.862 son maiores de 25 anos e 9.195 menores.

Por sectores, 6.441 son da agricultura, 21.240 da industria, 17.433 da construción, 122.537 nos servizos e 16.406 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado, 10.279 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 5,29 %.
Avaliando os datos de setembro de xeito illado, é un resultado negativo tras 7 meses de baixadas consecutivas (de febreiro a agosto de 2017). Nesta ocasión, ao final do verán, súmase que, a tempada da vendima se adiantou a agosto en moitos puntos de Galicia e que no sector servizos vivimos en xullo e agosto máis contratacións que en anos anteriores. 

A subida do paro este mes está, polo tanto, asociada á caída do emprego estacional. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.