lunes, 30 de octubre de 2017

Outros 5 quilometros de carreiro peonil pola marxe dereita do Miño entre Outariz e a N-120 en Ourense

A Confederación Hidrográfica do Mińo- Sil,  CHMS), dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, e o Concello de Ourense continuarán 5 quilometros, o carreiro peonil que discorre pola marxe dereita do Miño entre Outariz e a N-120 en Ourense.

Esta mañá Francisco Marin, presidente do Organismo de conca, e Jesus Vázquez, alcalde da capital, rubricaron na casa consistorial o Protocolo que ten por obxecto establecer o marco de colaboración, para a financiación, posta a disposición dos terreos e execución das obras.

Salientar que na actualidade existe un carreiro peonil que discorre por ambas as marxes do río Mińo na contorna da pasarela peonil de Outariz, no termo municipal de Ourense, conectando as distintas instalacións lúdico-deportivas da zona e xerando un itinerario fluvial de gran lonxitude ata a cidade.

O paseo non presenta total continuidade augas abaixo da citada pasarela, nin na marxe esquerda do río, onde a orografía e a presenza da estrada OU-402 impídeno, nin na dereita, onde existen varios tramos inconexos que permitirían prolongalo un 5 quilómetros, ata a N-120.

Para iso é necesaria a execución de obras de acondicionamento e mellora do paseo, incluíndo a expropiación de parte dos terreos que atravesa, movementos de terras, a construcción de varias pasarelas de madeira de pequenas dimensións, obras de drenaxe, firmes, sinalización, mobiliario, etc.

A inversión total necesaria seria de 500.000 € que se financiarián con cargo a fondos propios do organismo de conca -en función das súas dispoñibilidades orzamentarias e financeiras- e do Concello de Ourense, ao 50%.

"Redactaremos o proxecto técnico para coñecer con exactitude as actuacións necesarias e o orzamento de execución e se someterá a exposición pública, como paso previo á firma do Convenio definitivo", explicou Francisco Marin, presidente do Organismo de conca.

"A colaboración co Concello de Ourense, como aliado estratéxico, é clave para optimizar os recursos dispoñibles e para dar ao cidadán un servizo público responsable e de calidade", concluíu Francisco Marin.

Sen dúbida unha excelente mostra da importancia da colaboración e cooperación institucional entre as Administracións que beneficia aos cidadáns.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta