A nómina mensual de pensións contributivas da Seguridade Social alcanzou os 8.807,3 millóns de euros

Difunde hoxe a Secretaría de Estado da Seguridade Social un Informe sobre Pensións da Seguridade Social a data 1 de setembro de 2017.

E así coñecemos que a nómina mensual de pensións contributivas da Seguridade Social alcanzou os 8.807,3 millóns de euros o pasado 1 de setembro. O incremento interanual sitúase no 3%.

A pensión media de xubilación ascende a 1.066,86 euros, o que representa un aumento do 1,97% respecto ao ano pasado. En canto á pensión media do Sistema, que comprende as distintas clases (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), é de 923,23 euros, o que supón un aumento interanual do 1,86%.

O conxunto do Sistema público supera os 9,5 millóns de pensións contributivas (9.539.644), un 1,12% máis respecto ao ano pasado. Máis da metade, 5.845.842 concretamente, son por Xubilación; 2.361.586 corresponden a Viuvez;  949.169 a incapacidade permanente; 342.082 a orfandade e 40.965 a favor de familiares.

O número de pensións con complemento a mínimos ascende a 2.432.615, que é o 25,5 % do total das pensións.

Galicia:

Nesta Comunidade Autónoma páganse 759.959 pensións contributivas.  Máis da metade, 472.270 concretamente, son por Xubilación; 187.420 corresponden a Viuvez;  69.930 a incapacidade permanente; 24.094 a orfandade e 6.245 a favor de familiares.

A pensión media do Sistema, que comprende as distintas clases (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), é de 780,20 euros, o que supón un aumento interanual do 2,00 %.

A pensión media de xubilación ascende a 888,09 €.

O número de pensións con complemento a mínimos ascende 240.797, que é o 31,7 % do total das pensións.

Ourense:

Nesta provincia páganse 109.013 pensións contributivas.  Máis da metade, 68.508 concretamente, son por Xubilación; 25.936 corresponden a Viuvez;  10.524 a incapacidade permanente; 2.845 a orfandade e 1.200 a favor de familiares.

A pensión media do Sistema, que comprende as distintas clases (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), é de 672,54 euros, o que supón un aumento interanual do 2,00 %.

A pensión media de xubilación ascende a 736,13 €.

O número de pensións con complemento a mínimos ascende 42.370, que é o 38,9 % do total das pensións.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 


Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.