Tres cuartas partes das aguas de baño de Galicia están cualificadas como excelentes

Estamos en pleno verán e moitos estamos a gozar duns días de descanso. Os que o facemos nas costas galegas, estamos a gozar dunha excelente calidades temperatura das augas nas nosas praias que animan ao baño.
Fai poucas datas, a Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA), aseguraba que máis do 85% dos sitios de baño vixiados en Europa en 2016 podían considerarse "excelentes".
A etiqueta de "excelente" significa que as augas están libres de contaminantes prexudiciais para a saúde humana e o medio ambiente.
Máis do 96% dos lugares de baño cumprían os requisitos mínimos de calidade establecidos nas normas da Unión Europea.
Luxemburgo, Chipre, Malta, Grecia e Austria son os países co maior número de lugares de baño con calidade de auga "excelente".
E en España, a porcentaxe de augas de baño de calidade "boa" ou "excelente" alcanza o 93%.
No caso de Galicia temos que falar neste año 2017 de 131 bandeiras azuis das praias e portos galegos como a mellor porta de entrada para descubrir a riqueza natural de Galicia.
Unhas bandeiras que son o resultado da aposta colectiva pola conservación do litoral. Un litoral rico en flora e fauna terrestre e mariñeira; seguro, con servizos de salvamento, socorrismo e primeiros auxilios; e accesible para as persoas con discapacidade.
Temos en Galicia máis de 1600 quilómetros de costa como economía, cultura, tradición, turismo e paisaxe. Galicia é a segunda Autonomía de España con máis bandeiras azuis. Unha de cada cinco praias e un de cada cinco portos españois con bandeira azul están na nosa Comunidade.

A Xunta leva investidos 1100 millóns de euros en saneamento nos últimos oito anos, coa posta en marcha de 45 depuradoras. “Nesta lista está xa a de Cabo Silleiro e estará dentro de moi pouco a de Vigo, unha das infraestruturas de saneamento máis complexas da fachada atlántica europea, un investimento de 230 millóns de euros”
Subliñaba o presidente Feijóo que este compromiso colectivo é o que permite que tres cuartas partes das augas de baño de Galicia estean cualificadas como excelentes, unha porcentaxe que sobe ao 90% xunto ás augas consideradas boas.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.