O paro rexistrado en xullo baixa de forma salientable en Galicia e Ourense

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo de 2017.

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en Xullo en relación co mes anterior en 1.043 persoas, un salientable -  4,80 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xullo do ano pasado, 1.209 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 5,52 %. 

O numero de parados queda en 20.702 , deles 8.928 son homes e 11.774 mulleres, 19.606 son maiores de 25 anos e 1.096 menores.

Por sectores, 1.028 son da agricultura, 2.511 da industria, 2.060 da construción, 13.081 nos servizos e 2.022 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en xullo en 7.794 persoas con respecto a xuño (un – 4,11  %)

O número de parados queda en 181.871 deles 78.423 son homes e 103.448 mulleres, 173.331 son maiores de 25 anos e 8.540 menores. 

Por sectores, 6.356 son da agricultura, 20.963 da industria, 18.307 da construción, 119.929 nos servizos e 16.316 do colectivo sen emprego anterior.

O paro segue caendo un mes máis nas principais variables: nas catro provincias, as sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade económica e nos colectivos prioritarios cos que traballa a Xunta.

A nivel interanual os datos son moi positivos xa que 13.586 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 6,95  %. 

Con respecto ás provincias, na evolución anual Pontevedra lidera o descenso cun 7,66% menos de paro, seguida da Coruña cun -7,26%, de Ourense cun -5,52% e Lugo cun -4,40%. En canto aos sectores de actividade, a construción é onde máis baixa cun -18,89%, seguido da industria cun -11,14% e da agricultura e a pesca cun -9,64%. Nos menores de 30 anos descende nun -7,33%, nas mulleres nun -3,96% e nos parados de longa duración nun 8,64 %.

España:

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal (SEPE) baixou en xullo en 26.887 persoas en relación ao mes anterior.

Así, a cifra total de parados rexistrados no mes de xullo sitúase en 3.335.924. Alcanza así o seu nivel máis baixo dos últimos 8 anos.

En termos desestacionalizados o paro sobe en 11.771 persoas.

Nos 12 últimos meses, o paro reduciuse en 347.137 persoas, mantendo un mes máis un alto ritmo anual de redución, que se sitúa en 9,4%. Durante os 7 primeiros meses do ano o desemprego diminuíu en 367.050 persoas.

Respecto das comunidades autónomas o paro rexistrado baixa en 12, principalmente en Galicia (7.794), Andalucía (4.245) e Cataluña (4.075).

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado diminúe en Servizos, en 17.656 persoas; en Industria, en 5.257; en Construción, en 4.143, e no colectivo de persoas sen emprego anterior en 539. Sobe, con todo en Agricultura e Pesca, en 708 persoas.

O desemprego entre os homes sitúase en 1.407.638, que supón un descenso do 12,93% (209.083) respecto de xullo de 2016. En canto ao desemprego entre as mulleres, alcanza a cifra de 1.928.286, que representa unha baixada do 6,68% (138.054), en relación co mesmo mes do ano anterior.

O desemprego dos mozos menores de 25 anos diminúe en termos interanuais en 34.317, un 11,9%, sensiblemente por encima da media xeral do 9,4%.  Desde os máximos rexistrados en marzo de 2012, o paro rexistrado entre os menores de 25 anos reduciuse un 50,7%.

O número de contratos  indefinidos crece un 10,6%

O número de contratos rexistrados durante o mes de xullo foi de 1.928.639. Representa unha subida de 112.368 (6,19%) sobre o mesmo mes do ano pasado.

En canto á contratación indefinida no mes de xullo rexistráronse 151.998 contratos desta modalidade. Supón un aumento de 14.608 (10,63%) sobre igual mes do exercicio anterior. Encadéanse así 42 meses de incremento da contratación indefinida.

Os contratos indefinidos a tempo completo rexistraron un incremento do 13,93%, en relación a igual período do ano anterior. Así mesmo, a contratación indefinida entre os menores de 25 anos crece ao 21,8% nos sete primeiros meses de 2017, comparado co mesmo período do ano anterior.

Neste sentido, o secretario de Estado de Emprego e Seguridade Social, Juan Pablo Risco, lembrou que o 73,2% dos asalariados en España ten un contrato indefinido, 7,5  puntos máis que en 2006, segundo os datos da Encueta de Poboación Activa (EPA) do segundo trimestre.

Con la tecnología de Blogger.