O turismo internacional en Galicia. aumenta un 7,4% no seis primeiros meses do ano acadando preto de 600.000 viaxeiros

Onte o Instituto Nacional de Estatística (INE), publicaba uns datos que revelan tamén que nos seis primeiros meses do ano, máis do 91% da demanda turística regrada correspondeu aos establecementos hoteleiros, porcentaxe que inclúe tanto aos hoteis, que representaron o 72,5%, como ás pensións, que rexistraron un 16,5% neste caso. No segmento dos establecementos extrahoteleiros, as casas rurais roldan o 4% e os cámpings supuxeron nos seis primeiros meses do ano máis do 3%.
Os establecementos regrados de Galicia rexistraron no primeiro semestre do ano preto de dous millóns de viaxeiros e máis de 3,6 millóns de pernoitas, o que supón unha subida de preto dun 5% e case un 8%, respectivamente, en relación ao ano pasado.
Ademais, en termos de mercado, de xaneiro a xuño, produciuse en Galicia tamén un incremento de viaxeiros internacionais dun 7,4% acadando preto de 600.000 viaxeiros. Con estas cifras, o peso do turismo internacional representou nos seis primeiros meses do ano o 29,9% dos viaxeiros segundo orixe.
En termos de pernoitas, o mercado estranxeiro tamén medra, neste caso preto dun 12% con respecto ao ano pasado. As pernoitas do mercado internacional supuxeron no primeiro semestre máis de 950.000, o que supón máis do 26% do total.

Incremento de case 3 puntos porcentuais en xuño


A enquisa do INE tamén recolle os datos do mes de xuño, que indican tamén un crecemento na cifra de viaxeiros acadando máis de 528.000 viaxeiros nese mes e máis dun millóns de noites, sendo unha das cifras máis elevadas dos últimos anos para o mesmo mes. Neste caso, e no mes de xuño, rexistrouse, ademais, un incremento da ocupación en establecementos hoteleiros de preto de tres puntos porcentuais.

En xuño, máis do 87% da demanda turística regrada na nosa comunidade correspondeu aos establecementos hoteleiros. As pernoitas en hoteis supuxeron máis do 67% e as das pensións foron do 16%. En canto aos establecementos extrahoteleiros, os cámpings supuxeron no mes de xuño preto do 9% da demanda.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.