Viaxo hoxe a Viloira, O Barco de Valdeorras para asistir á inauguración da XX Feira do Viño de Valdeorras.
Falou en primeiro lugar o presidente en funcións do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Francisco García, quen destacou que o vitivinícola é, xunto coa lousa, un dos motores económicos desta comarca ourensá. Referíase aos seus “magníficos viños”, á singularidade dos seus solos, variedades de uva así como “ao mimo e bo facer” dos seus viticultores e adegueiros, que sitúan aos caldos desta denominación entre os “máis demandados nos mercados”. Tamén falou do potencial do enoturismo, por iso “é importante afondar na creacióin de circuítos turísticos específicos e permanentes arredor do viño, propoñendo e desenvolvendo actividades diversas e promocionalos en diferentes puntos
Logo foi o turno do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, que destacou a calidade e singularidade dos viños de Valdeorras, matizando que o “viño é un magnífico embaixador dos territorios e das súas xentes”.
E despois falou o alcalde de O Barco, Alfredo García, quen louvaba o godello valdeorrés, “un dos mellores viños brancos do mundo”.
A conselleira resaltou a importancia destes datos nun sector “tan competitivo” como o do viño que precisa “ampliar os mercados para manter un nivel de crecemento económico axeitado”. Neste sentido, Ángeles Vázquez lembrou que o do viño é o sector agroindustrial galego máis exportador.
Felicitou, por tanto, aos viticultores e adegueiros da comarca pola súa contribución a estas cifras e por un traballo con historia, xa que esta DO é a segunda máis antiga de Galicia. “O viño de Valdeorras foi regulado por primeira vez no 1957, hai 60 anos”, sinalou a conselleira que felicitou aos presentes polo aniversario. O consello regulador desta denominación integra 1315 viticultores e 44 industrias, producindo no ano 2016 máis de 4.600 toneladas de viño cun valor económico estimado superior aos 24,5 millóns de euros.
Ademais, a Consellería do Medio Rural, como non podía ser doutro xeito, camiña da man dos consellos reguladores. Neste caso, por exemplo a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) celebrou ata catro xornadas de formación en catro anos xunto co consello regulador de Valdeorras e nas que participaron uns 300 alumnos. Deste xeito contribúese tamén ao mantemento do alto nivel profesional deste sector.
No plano económico, Valdeorras recibiu en dez anos máis de 1,6 millóns de euros en subvencións da Xunta. Só no 2016, a Consellería do Medio Rural achegou aos consellos reguladores de viño certificado 1,7 millóns de euros para sufragar os gastos derivados de controis de calidade, gastos de funcionamento e promoción.
A inauguración da feira rematou co pregón a cargo do actor galego Javier Veiga.
E logo rematamos visitando as 17 casetas; O Cepado, A Tapada, Guitián y Blanco, Roandi, Avancia, Cooperativa Jesús Nazareno, Cooperativa Virxe das Viñas, Sampayolo, Quinta da Peza, Viña Costeira, Eladio Santalla, Santa Marta, Melillas, Fornos GRS, Felipe Mayo, O Casal e José González.
Recomendo a todos visitar esta Feira e beber os excelentes viños godellos e mencías.
Recomendo a todos visitar esta Feira e beber os excelentes viños godellos e mencías.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta