Aprobado o proxecto de trazado da A-76 entre A Veiga de Cascallá- O Barco de Valdeorras

Salientar que o BOE de onte publica o anuncio da demarcación de Estradas do Estado en Ourense sobre a resolución do Director Xeneral de Estradas, que con data 17 de xullo de 2017 resolveu:

 1. "Aprobar provisionalmente o proxecto de trazado "Autovía A-76 Ponferrada-Ourense. Tramo: A Veiga de Cascallá- O Barco de Valdeorras", cun orzamento de licitación (IVE excluído) estimado de 34.587.184,24 euros, coas seguintes prescricións a cumprimentar no proxecto de construción:

 1.1. Deberanse ter en conta as indicacións da orde FOM/3317/2010, do 17 de decembro, pola que se aproba a Instrución sobre as medidas específicas para a mellora da eficiencia na execución das obras públicas de infraestruturas ferroviarias, estradas e aeroportos do Ministerio de Fomento.

1.2. Proseguirase a tramitación da reposición de servizos, de acordo co disposto na "Circular sobre modificación de servizos nos Proxectos de Obras", do 7 de marzo de 1994.

2. Ordenar que, pola Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, procédase a incoar o correspondente expediente de información pública, de acordo coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, en cumprimento de canto establece a Orde Circular 22/07 sobre Instrucións complementarias para tramitación de Proxectos, así como: 

· Os artigos 17, 18 e 19.1 da Lei de Expropiación Forzosa, do 16 de decembro de 1954, sobre a necesidade de ocupación, e concordantes do seu Regulamento. · O artigo 12 da Lei 37/2015, de Estradas, e concordantes do Regulamento Xeral de Estradas (Real Decreto 1812/1994), exclusivamente entre os pp.kk. 3+100 e 4+200.

Igualmente infórmase que durante o período de información pública, estará exposto ao público en días hábiles e horas de oficina, no taboleiro de anuncios do Concello do Barco de Valdeorras e Rubiá, na Unidade de Estradas do Estado en Ourense (C/ Sáenz Díez, n.º 1, 2.º, 32071 Ourense) e na Demarcación de Estradas do Estado en Galicia.

As alegacións e observacións que estimen oportunas poderanse presentar por escrito ou por calquera dos medios sinalados no artigo 15 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e haberán de dirixirse a esta Demarcación.

Outro paso máis para acadar o obxectivo, xa cercano de proceder a licitación das obras.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.