Elevado grao de cumprimento dos 11 acordos adoptados na Conferencia de Presidentes

Onte cumpríronse seis meses exactamente da celebración da VI Conferencia de Presidentes, e con tal motivo a vicepresidenta e ministra da Presidencia e para as Administracións Territoriais, Soraya Sáenz de Santamaría, presidiu a  reunión do Comité Preparatorio, de Impulso e de Seguimento da Conferencia de Presidentes, xunto ao ministro de Facenda e Función Pública, Cristóbal Montoro.

Á reunión asistiron, así mesmo,  os secretarios de Estado para as Administracións Territoriais, Roberto Bermúdez de Castro, e de Facenda, José Enrique Fernández de Moya, así como os secretarios de Estado ou subsecretarios dos departamentos ministeriais competentes nos acordos alcanzados na Conferencia de Presidentes do mes de xaneiro, así como os conselleiros das comunidades autónomas.

Constatouse que os resultados poden cualificarse de bos e o nivel de cumprimento dos acordos alto. A reactivación da Conferencia de Presidentes constitúe unha verdadeira oportunidade para aumentar a comunicación, colaboración e cooperación dentro deste órgano impulsor das relacións entre as distintas Administracións Públicas.



O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou nesa que tivo como principal obxectivo avaliar o grao de cumprimento dos 11 acordos adoptados na Conferencia de Presidentes celebrada en xaneiro.

A Xunta amosou a súa satisfacción polo clima de cordialidade e diálogo durante a xuntanza, así como tamén eloxiou o traballo feito durante estes seis meses para dar cumprimento aos acordos acadados. Ademais, instou a seguir traballando, de xeito coordinado, en beneficio da cidadanía.
En concreto, o Goberno galego considerou especialmente positivo que xa se teña posto en marcha un grupo de expertos sobre o novo financiamento autonómico, que está xa rematando o seu traballo; así como os avances realizados en igualdade e violencia de xénero cara un futuro Pacto de Estado.
Outros dos temas que centrou a anterior Conferencia de Presidentes foi o reto demográfico, unha materia que interesa especialmente a Galicia. Ao respecto, o Goberno autonómico valorou a creación da figura do Comisionado, que senta as bases para seguir avanzando na materia.
Tamén destacou as reunións celebradas no marco da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (CARUE), onde se ten realizado unha sesión monográfica sobre o Brexit, un asunto especialmente relevante para Galicia. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 


Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.