Convocadas por Fomento as axudas o Programa «1,5% Cultural»

O Ministerio de Fomento convocou hoxe, coa súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE), as axudas para financiar traballos de conservación ou enriquecemento de bens inmobles do Patrimonio Histórico Español, dentro do Programa «1,5% Cultural»

O artigo 68.1 da Lei 16/1985 do 25 de xuño do Patrimonio Histórico Español e o Real Decreto 111/1986 do 10 de xaneiro establecen que, no orzamento de cada obra pública, financiada total ou parcialmente polo Estado, destinarase unha partida de, polo menos o 1% dos fondos que sexan de achega estatal, ao financiamento de traballos de conservación ou enriquecemento do Patrimonio Histórico Español, ou de fomento da creatividade artística. 

Desde outubro de 2013 esta porcentaxe incrementouse, no que se refire a fondos provenientes do Ministerio de Fomento, ao 1,5% destas achegas.

Para a actuación conxunta dos Ministerios de Fomento e Educación, Cultura e Deporte nesta materia subscribiuse con data 7 de xuño de 2017 o VII Acordo de Colaboración.

CONVOCATORIA 

Os criterios para a selección e priorización dos proxectos que soliciten financiamento con estes fondos son os establecidos na Orde FOM/1932/2014 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para actuacións de conservación ou enriquecemento do Patrimonio Histórico Español, con cargo aos recursos procedentes das obras públicas financiadas polo Ministerio de Fomento e polas entidades do sector publico dependentes ou vinculadas. 

Esta convocatoria, realizada conforme a estas bases reguladoras, supoñerá unha achega máxima por parte do Ministerio de Fomento de 50.520.823,21 €. 

O obxecto destas axudas é intervir, mediante cofinanciación co seu titular, na recuperación ou enriquecemento de inmobles declarados Ben de Interese Cultural, de titularidade e uso públicos, ou privada sen ánimo de lucro, pero cedidos ao uso público. Tamén poderán optar en calquera caso os bens inmobles integrantes do Patrimonio Mundial da UNESCO.

Presentación de solicitudes 

As solicitudes presentaranse no prazo de 20 días hábiles desde a publicación da convocatoria e deberán axustarse á documentación detallada nas bases reguladoras. 

Ditas solicitudes, de acordo cos artigos 14 e 16 da Lei 39/2015 do 31 de outubro, deberán presentarse, como norma xeral, a través do rexistro electrónico da Sede do Ministerio de Fomento.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.