O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente licita a redacción do proxecto para finalizar o saneamento do río Barbaña en Ourense.

Coñecemos hoxe que o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente anunciou a licitación do contrato de servizos de enxeñería para redactar o proxecto que finalice o saneamento de auga do río Barbaña, mellora da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de San Cibrao das Viñas, fase II (Ourense).

O obxecto desta actuación é dotar á EDAR existente do tratamento necesario para cumprir cos obxectivos marcados pola Directiva 91/271/CEE en canto a vertido a zona sensible e conseguir, así mesmo, alcanzar o bo estado ecolóxico e químico do río Barbaña, tal e como está contemplado no Plan Hidrolóxico da Demarcación do Miño-Sil.

Para iso faise necesaria a redacción dun proxecto para dimensionar e deseñar as remodelacións necesarias dentro da EDAR existente.

Esta licitación conta cun orzamento base de 501.700 euros e un prazo de execución de 14 meses.

A actuación en San Cibrao das Viñas como proxecto de finalización do saneamento do río Barbaña foi declarada de interese xeral do Estado na Lei 22/1997, do 8 de xuño, pola que se declaran de interese xeral determinadas obras hidráulicas como as de “Mellora do saneamento de Ourense”.

A aglomeración urbana de San Cibrao das Viñas (Ourense) conta cunha poboación de 59.443 habitantes equivalentes. A vertedura da EDAR realízase á Zona Sensible encoro de Castrelo.

PLAN CRECE

A actuación é perceptora de Fondos Europeos 2014-2020 e inclúese no Plan de Medidas para o Crecemento, a Competitividade e a Eficiencia (Plan CRECE) que está a executar o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente para mellorar a calidade das augas que chegan aos ríos.

Este Plan prevé uns investimentos en materia de depuración de 1.100 millóns de euros para a posta en marcha dunha serie de traballos, cofinanciados con Fondos Europeos, destinados a conseguir que todos os municipios depuren adecuadamente as súas augas residuais, conforme á Directiva Marco da auga, xa que unha auga mellor depurada incide directamente no benestar dos cidadáns e é vital para o mantemento dos ecosistema.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.