jueves, 6 de julio de 2017

No faladoiro de Radio Voz a voltas con Plan de Transporte Público da Xunta de Galicia.

Interveño hoxe na tertulia de Radio Voz que dirixe Antía Díaz Leal, e na que participaron tamén Ernesto Sánchez Pombo, Iván Puentes e Breogán Riobóo.

Falamos en primeiro lugar do Plan de Transporte Público da Xunta de Galicia.

Comecei diciendo que este Plan é o resultado dun minucioso traballo de análise das necesidades de mobilidade de cada parroquia das máis de 200 concellos de Galicia, coa participación de todos os concellos que desexaron facelo. E que o Goberno galego está amosando unha  enorme vontade negociadora coa patronal e os sindicatos.

Dixen que o Consello da Xunta aprobaría hoxe  o inicio da contratación das novas concesións de transporte público con plenas garantías para a continuidade do emprego e para o futuro das pequenas e medianas empresas do sector.

E que permitirá garantir a continuidade dos servizos de autobús e do emprego a partir do vindeiro mes de agosto, momento en que se materializarán as renuncias das empresas ás concesións públicas de transporte de pasaxeiros.

Un Plan de transporte público que incorpora cláusulas de subrogación de referencia estatal, que garante que todos os traballadores dunha liña de transporte poderán manter o emprego coa adxudicación do servizo a unha nova empresa.

Unha blindaxe do emprego  reforzarase con garantías para a viabilidade das concesións asociadas ás obrigas de subrogación dos traballadores, mentres que o incumprimento destas figurará como unha causa específica de resolución dos contratos.

Destaquei o reforzo dos servizos de transporte da que se beneficiará eminentemente a poboación do rural.

Iso será posible ao permitir que os veciños do rural empreguen as liñas de autobús de transporte escolar, que ten unha rede territorial moito máis extensa.

Ese uso compartido do transporte irá acompañado de melloras tamén para os escolares, cuxa atención estará blindada nos contratos, mantendo intactos os tempos de percorrido e os horarios de saída e chegada.

Ademais, incluiranse garantías máis elevadas que as previstas pola Lei, ao asegurarse a presenza dun monitor acompañante escolar en todas as rutas de transporte compartido.

Finalmente valorei a plena seguridade xurídica do Plan de transporte público. A inclusión das liñas de transporte escolar en procedementos abertos e transparentes de licitación pública enmárcase nas novas regras de xogo establecidas pola Unión Europea.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta