Fomento reforzará a seguridade de varios túneles de estradas en Galicia, entre eles os de Alongos e de Montefurado


Túnel de Alongos
Informa hoxe o Ministerio de Fomento que procedeu a licitar a redacción de 8 proxectos para a mellora da seguridade viaria de varios túneles da Rede de Estradas do Estado, en Galicia, Asturias, Cantabria e na provincia de León, por importe de 2,24 millóns de euros.

As actuacións en Galicia céntranse nos seguintes túneles: 

* O túnel de Os Castros, na estrada AC-12. 

* Os túneles  de Montefurado, na estrada N-120, e Pedrafita, Trabadelo, A Escrita e Villafranca, na autovía A-6. 

* Os túneles  de Alongos, na autovía A-52, Bouzas, Valladares, Valladares 3 na estrada VG-20, e Isaac Peral, na autoestrada AP-9 .

Actualmente a seguridade dos o túneles  da Rede de Estradas do Estado está
regulada polo Real Decreto 635/2006 sobre requisitos o mínimos  de seguridade, que traspuso a Directiva europea 2004/54/CE. 

Dado que moitos túneles  foron construídos con anterioridade á entrada en vigor desta norma, é preciso realizar actuacións de mellora para adaptalos aos requirimentos de seguridade actuais, tanto na súa obra civil (galerías de evacuación, firme, etc.) como nas súas instalacións (ventilación, iluminación, video-vixilancia, monitorización, extinción de incendios, sinalización, etc.). 

Túnel de Montefurado



Con la tecnología de Blogger.