No primeiro aniversario das eleccións de xuño de 2106

Hoxe 26 de xuño cúmprese un ano da vitoria do Partido Popular, liderado por Mariano Rajoy, tras obter   no conxunto do Estado o respaldo de 7.906.185, o 33,03 % dos votantes, e acadar 137 actas de deputados.

Clara victoria en Galicia, onde o PPdeG acadou o 41,49 % dos votos, 643.827 apoios, e obtendo doce actas de deputados.

E contundente victoria do PP de Ourense que acadou 91.007  votos, o 49,63 %, es tres actas de deputados e tres de senadores.

Esta mañá o vicesecretario de Comunicación do Partido Popular, Pablo Casado, asegurou que, despois dun ano da celebración das eleccións xerais, "o Goberno segue adiante con tranquilidade, porque non hai alternativa política ao PP en España".

Na rolda de prensa posterior ao Comité Executivo Nacional, Casado incidiu na necesidade de seguir facendo esforzos para dialogar e pactar, porque o PP non é un partido illado, senón que demostra que é capaz de gobernar en minoría. Ao seu xuízo, a imaxe de España fóra do noso país "é magnífica e temos que traballar para que exista tamén dentro".

Lembrou ademais que nos próximos anos "imos traballar nun contexto económico favorable", tal e como reflicten todos os indicadores nacionais e internacionais, e advertiu que a partir do próximo mes de setembro, o PP debe empezar a traballar para gañar as eleccións de 2019, unha vez concluíron os congresos rexionais e provinciais do partido.

Precisamente no primeiro aniversario das eleccións de xuño de 2106, Pablo Casado resumiu a xestión do Goberno do PP como unha "gran labor", a pesar das dificultades que entraña ter 137 escanos, despois de gañar unhas eleccións con 800.000 votos máis que os anteriores comicios de decembro de 2015.


Un ano no que, tal e como explicou, xerouse medio millón de empregos, con 663.000 novos afiliados á Seguridade Social, retomouse a Conferencia de Presidentes, empezouse a avanzar na reforma do financiamento autonómico e na revalorización dos servizos sociais transferidos ás autonomías, en problemas e retos como o despoboamento ou a natalidade, ou se trazaron pactos de Estado en Educación, pensións, violencia de xénero, e puxéronse en marcha medidas de apoio aos máis vulnerables, subindo o Salario Mínimo Interprofesional, lexislando e regulando os cortes de subministración eléctrica para favorecer a familias con dificultades ou financiando o bono social.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.