A Mancomunidade de Arousa Norte da a coñecer a súa oferta turística

Esta mañá a Mancomunidade Arousa Norte desenvolvéu un acto de promoción da súa oferta turística natural, cultural e gastronómica no Congreso dos Deputados.

A presidenta do Congreso, Ana Pastor recibiu ao presidente de Arousa Norte e alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, acompañado polo vicepresidente e alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, o tesoureiro e alcalde de Boiro, Juan José Dieste, e o vogal e alcalde de Riveira, Manuel Ruíz Rivas.

O acto, tivo lugar na zona de restauración onde foi disposto un punto informativo no que se distribuiron folletos de contido turístico que poñen en valor os recursos naturais e paisaxísticos, os culturais, patrimoniais –arqueolóxicos e arquitectónicos- e náuticos deportivos.



A oferta gastronómica tivo unha especial presenza da man do equipo de restauradores do Curral do Marqués que amosaron a riqueza e a calidade dos produtos do mar e da terra de Arousa Norte. 

Esta proposta complementouse cunha xornada gastronómica Arousa Norte hoxe no Restaurante do Congreso que incluiron na súa proposta de menús dous pratos elaborados cos produtos de Arousa Norte.





Parabéns aos amigos arousán que deron a coñecer a amplia e variada oferta turistíca desta magnífica ría galega.


http://www.arousa-norte.es/turismo-cultural/







Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.