jueves, 22 de junio de 2017

No faladoiro de Radio Voz

Interveño hoxe no faladoiro de Radio Voz que dirixe Antía Díaz Leal e no que participou tamén Pepe Lorenzo, pepe García e Domingos Sampedro.

Falamos en primeiro lugar da problemática da ocupación ilegal de vivendas e do debate que sobre esta materia houbo esta semana no Parlamento de Galicia.

Dixen compartir a PNL aprobada, con modificacións pola que se insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que inicie os trámites que permitan mellorar o marco normativo que regula o delito de usurpación de inmobles.

Actuando na  modificación do artigo 245 do Código penal, a potenciación lexislativa dos xa existentes procedementos por xuízo rápido como procedementos modelo para os delitos de ocupación de inmobles dentro da regulación do artigo 795 da Lei de axuizamento criminal, e as modificacións lexislativas necesarias para posibilitar a adopción de medidas cautelares tendentes ao desaloxo de inmobles desde o comezo da instrución sumarial.

Unha iniciativa que naqueles casos en que os ocupantes sexan familias en risco de exclusión social, reclama arbitrar, en colaboración cos concellos, as medidas necesarias para o seu realoxo a través dos distintos programas postos en marcha pola Xuntade Galicia."

Dixen tamén que este tema ten actualmente protagonismo no Congreso dos Deputados posto que está tramitándose una Proppsición de Lei de modificación da Lei de Axuizamento Civil pola que regúlase un procedemento específico para garantizar á posesión de vivendas de titularidade de propietarios persoas físicas e para asegurar ás entidades sociais e as administración públicas a disponibilidade das vivendas no seu haber destinadas a alquiler social.

Tamén falamos da problemática muncipal de Ferrol derivada do abandono dunha concelleira de Ferrol en Común, Esther Leira, que deixa ao goberno da cidade con sete apoios.

Dixen que o alcalde Jorge Suárez rompeu o bipartito co PSOE e tamén rompeu o PSOE para quedar con dúas tránsfugas. Faltáballe romper o seu propio partido e acaba de facelo.

Ferrol converteuse no mellor exemplo do que son as Mareas en Galicia: non saben xestionar, non saben dialogar cos demais partidos e nin sequera son capaces de entenderse entre eles.