Celebrando o Día de Portugal, Camões e das Comunidades Portuguesas en Galicia

A cidade de Ourense acolle desde onte e ata o domingo  10 de xuño os actos de celebración do Día de Portugal, Camões e das Comunidades Portuguesas en Galicia.

As actividades comezarán a sexta–feira, o venres, logo do mediodía coa apertura da feira de Artesanía e Gastronomía na Praza de Bispo Cesáreo, na que tamén pódese bailar ao ritmo das agrupacións tradicionais de folclore. Ata 23 cámaras municipais, 23 concellos de Portugal, virán a conmemoración da morte, en 1580, do poeta Luís Camões, o día nacional de Portugal.

As 23 cidades portuguesas son: Amarante, Arcos de Valdevez, Baião, Braga, Caminha, Celorico de Bastos, Chaves, Cinfães, Marco de Canaveses, Mondim de Bastos, Montalegre, Penafiel, Ponte da Barca, Ponte da Lima, Póvoa de Varzim, Resende, Santo Tirso, Valença, Viana do Castelo, Vila do Conde, Vila Nova de Cerveira, Vila nova de Famalição e Vila Pouca de Aguiar.

As 20 horas tivo lugar no Liceo Recreo Ourensán un acto institucional de recepción dos nosos veciños que contóu coa presenza do presidente do Parlamento de Galicia,Miguel Santalices, do Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad e  do vicecónsul do país veciño en Galicia, Manuel Correia Da Silva, entre outras moitas autoridades, e representacións políticas, sociais e económicas de Portugal e España

E logo ás nove da noite escoitamos na Praza Maior e diante de moito público a coñecida cantante lusa afincada en Galicia, María do Ceo. Hoxe actuará Gonzalo Guerreiro.

Féliz día de Portugal!
Con la tecnología de Blogger.