Informa hoxe o Ministerio de Fomento que adxudicou e formalizou o contrato de servizos de redacción do proxecto de trazado e construción do tramo entre Requejo (na provincia de León) e A Veiga de Cascallá (na provincia de Ourense), da futura autovía A-76 Ponferrada-Ourense, por un importe de 1.847.823 euros.
O obxecto do mencionado proxecto é definir a solución escollida tras a información pública e a avaliación ambiental do estudo informativo.
Esta actuación - de 10,7 km de lonxitude e un orzamento estimado de 223 M€ - conformará un itinerario de gran capacidade alternativo á estrada N-120 entre Requejo e A Veiga de Cascallá, mellorando de forma notable os tempos de percorrido e a seguridade.
Unha noticia esperada e que xa permite á empresa adxudicataria G.O.C. ,S.A. EGIS EYSER S.A. e BAC ENGINEERING CONSULTANCY GROUP; S.L. (UTE) comezar os seus traballos.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta