Os interesados poderán presentar alegacións durante un prazo de 20 días hábiles, período tras o que o Concello de Ourense disporá de 10 días para emitir o o preceptivo informe municipal.
A Xunta, o Concello de Ourense e o Ministerio de Fomento acordaron tramitar conxuntamente o proxecto a través da Lei de medidas en materia de proxectos públicos urxentes ou excepcional interese co obxectivo de licitar as obras este ano. Esa norma, aprobada pola Xunta o pasado ano, está destinada a facilitar a execución de actuacións estratéxicas que non estean recollidas nas normas urbanísticas.
A tramitación mediante esta norma permitirá que a estación intermodal de Ourense conte nun prazo razoable co amparo urbanístico e a seguridade xurídica necesaria para iniciar a contratación das obras dos diferentes elementos que a compoñen. En concreto, a Xunta financiará o 100% da nova estación de autobuses e case o 70% do aparcadoiro subterráneo.
Cómpre lembrar que a estación intermodal de Ourense comprende a nova terminal de autobuses integrada na terminal ferroviaria, a adaptación da estación de ferrocarril e elementos de conexión entre barrios. Construirase, ademais un aparcadoiro subterráneo con dúas plantas e máis de 300 prazas.
Esta infraestrutura constituirá o principal nó de comunicación de viaxeiros de toda a provincia, facilitando os desprazamentos tanto aos veciños da cidade como do resto de concellos.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta