lunes, 15 de mayo de 2017

Escoitando a Robert Kennedy Jr

Asisto esta tarde en Expourense á conferencia-coloquio do Foro La Región "A protección dos recursos naturais", que pronunciou Robert Kennedy Jr, un dos maiores especialistas internacionais en xestión ambiental e destacado consultor empresarial.

Foi presentado polo presidente da Deputación Manuel Baltar que dixo que o invitado é uns dos líderes medioambientáis máis importantes do planeta, destacando que foi quen de integrar a 300 asociacións na prestixiosa ONG Waterkeeper Alliance.

Pola mañá Baltar asinou  un protocolo con Kennedy Jr., co obxectivo de analizar a posibilidade de colaboración entre a Deputación de Ourense e esta entidade medioambiental para realizar estudos de protección de ríos na provincia de Ourense.

Desta maneira, o río que se valore analizar sería o primeiro de Europa que a Waterkeeper Alliance estudaría no que atinxe ás variables medioambientais, como a conservación da biodiversidade ou a xestión sustentable do territorio fluvial e os seus recursos, entre outros factores.

Kennedy chamou a atención sobre a necesidade de que os gobernos impulsen medidas para ter lexislacións que faciliten o uso das enerxías renovables e de utilizar a tecnoloxía en favor do medio ambiente.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta