En abril descende de modo salientable o paro rexistrado en Galicia e Ourense

O Servizo Público de Emprego Estatal difundiu hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de abril  de 2017.

Son os seguintes:

Ourense:

Descende o paro rexistrado en abril en relación co mes anterior en - 347 persoas, baixou un – 1,49 %.

O número de parados queda cifrado en 22.967, deles 10.250 son homes e 12.717 mulleres, 21.723 son maiores de 25 anos e 1.244 menores.

Por sectores, 1.265 son da agricultura, 2.763 da industria, 2.344 da construción, 14.495 nos servizos e 2.100 do colectivo sen emprego anterior.

En termos interanuais e absolutos, Ourense rexistra un salientable comportamento, xa que temos 2.756 parados menos que en abril de 2016 (- 10,71 %). 

 Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en abril en - 5.427 persoas con respecto a marzo, un – 1,49 %. 

Estes datos sitúan á Comunidade en niveis de paro inferiores a hai 8 anos, a abril de 2009, e sinala que é a maior caída neste mes de toda a serie histórica, desde 1996, reducíndose, ademais, por cuarto ano consecutivo o desemprego neste mes. O paro leva baixando en Galicia tres anos e medio de xeito consecutivo, desde novembro de 2013.

O número de parados queda fixado en 204.629, deles 90.807 son homes e 113.822 mulleres, 194.608 son maiores de 25 anos e 10.021 menores.

Por sectores, 7.521 son da agricultura, 23.723 da industria, 21.579 da construción, 134.720 nos servizos e 17.086 do colectivo sen emprego anterior.

En canto ás provincias, si alar que Ourense lidera a baixada con respecto a abril de 2016 (-10,71%), seguida de Pontevedra (-10,45%), A Coruña (-10,12%) e Lugo (-10,05%) e sobre os sectores de actividade, o desemprego diminuíu en todos eles, liderando o descenso con respecto a hai un ano a construción nun -19,71%, seguido da industria cun -12,87% e da agricultura e pesca cun -11,71%





Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.