O paro rexistrado en abril acada o maior descenso mensual, con 129.281 desempregados menos

Hoxe coñecemos que o número de parados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego no conxunto de España diminuíu en abril en 129.281 persoas en relación ao mes anterior, o que supón a maior redución do paro rexistrado en toda a serie histórica en calquera mes.

Máis ou menos baixou nos meses de abril dos últimos 8 anos en 51.794 persoas.

Desta forma a cifra total de parados rexistrados no mes de abril sitúase en 3.573.036 persoas. Deles 1.546.780 son homes e 2.026.256 mulleres. 3.292.923 son maiores de 25 anos e 280.113 son menores.

En termos desestacionalizados o paro baixou en 70.777 persoas, tamén a maior redución da serie histórica, independentemente do mes. En termos interanuais, o paro rexistra tamén un descenso récord ao reducirse en 438.135 persoas nos últimos 12 meses. Nunca baixara tanto nun ano, acelerando o ritmo interanual de diminución de paro rexistrado ata situarse no 10,92%. Nos doce últimos meses o paro reduciuse entre os mozos menores de 25 anos en 60.944 persoas, a un ritmo do 17,9% por encima da redución interanual xeneral do paro rexistrado (10,92%).

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado baixa en todos os sectores. En Servizos diminúe en 96.672 (- 3,85%), en Agricultura baixa en 11.330 (-6,14%), en Construción redúcese en 8.944 (-2,54%), en Industria baixa en 8.264 (-2,46%) e no colectivo de sen emprego anterior redúcese en 4.071 persoas (-1.28%).

En canto ás Comunidades Autónomas o paro rexistrado baixa nas 17, principalmente en Andalucía (-33.984), Cataluña (-20.266) e Madrid (- 12.375).

Contratación

O número de contratos rexistrados durante o mes de abril foi de 1.604.476, e acumulan unha subida do 4,07% sobre o mesmo mes do ano pasado. É o dato máis alto de toda a serie histórica nun mes de abril En datos acumulados realizaron 631.110 contratos indefinidos ata abril deste ano, o que supón un incremento de 69.512 (12,38%) sobre o mesmo período do pasado ano. Este incremento ascende ao 13% no caso dos contratos indefinidos a tempo completo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.