O Pleno valida os decretos de oferta de emprego público e de reforma do Programa de Activación para o Emprego

Esta mañá o Pleno do Congreso dos Deputados aprobou a convalidación do Real Decreto Lei sobre oferta de emprego público nos ámbitos de persoal docente, Forzas Armadas e Forzas e Corpos de Seguridade, co fin de garantir a prestación destes servizos públicos con calidade e estabilidade; e tamén o Real Decreto Lei que prorroga e modifica o Programa de Activación para o Emprego destinado a desempregados de longa duración con cargas familiares.

O primeiro RD Lei sobre oferta de emprego públicoobedece ás necesidades de funcionamento de determinados sectores de actividade pública que  requiren da incorporación de persoal de novo ingreso conforme a unha cadencia temporal preestablecida. Esta situación prodúcese especialmente nos corpos de funcionarios docentes non universitarios e de profesorado universitario, no persoal das Forzas Armadas e no persoal das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dos Corpos de Policía dependentes das Comunidades Autónomas. 

Para poder garantir a prestación destes servizos públicos con estabilidade e con axuste ás necesidades, é preciso contar cunha adecuada planificación de medios persoais, ao que contribúe a aprobación por este real decreto-lei da Oferta de emprego público dos sectores referidos. 

O artigo 70 do texto refundido do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, regula a Oferta de emprego público como instrumento de xestión da incorporación de persoal de novo ingreso. Dada a extraordinaria e urxente necesidade de que se produzan as incorporacións deste persoal aos citados sectores de actividade, este real decreto-lei aproba unha Oferta de emprego público para a inmediata convocatoria dos respectivos procesos selectivos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.