jueves, 25 de mayo de 2017

No faladoiro de Radio Voz

Interveño hoxe no faladoiro de Radio Voz no que participou tamén Alfonso Salazar, Manuel Lago e María Luz Canal.

O tema de debate foi facer un balance dos dous primeiros anos das corporacións municipais despois das eleccións locais de maio de 2015.

Lembrei que esas eleccións deron un envorco á política galega coa aparición de forzas políticas populistas de esquerda que con pactos complexos se fixeron coas alcaldías de tres capitais galegas Santiago, A Coruña e Ferrol e fíxose cun bo puñado de alcaldías e concellerías nos 313 concellos. 

Dixen que dous anos despois a decepción coas chamadas "Mareas" domina na opinión pública e boa parte da publicada. Por unha banda a inexperiencia dos novos alcaldes e concelleiros evidénciase na ineficacia na xestión, por outra banda a constatación de que moitas propostas populistas que se ofertaron non se poden cumprir e tamén a debilidade dos pactos. Especialmente co Partido Socialista onde os desencontros son a tónica dominante.

Falei das dificultades para sacar adiante os orzamentos, e para abordar plans de urbanismo. Fixen referencia ao recente barómetro de Sondaxe para La Voz de Galicia que constata que nin Ferreiro na Coruña, nin Noriega en Santiago nin Suárez en Ferrol, mentres que aproban vos alcaldes de partidos tradicionais aproban en Vigo, Ourense e Santiago.

E terminei dicindo que haberemos de esperar estes dous anos que restan para ver como culminan a súa xestión estes gobernos municipais.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta