Onte e hoxe foron días de valoración dos Orzamentos Xerais do Estado e a súa incidencia en Galicia.
Uns dos medios radiofónicos que me entrevistou foi a Cadea Cope en Santiago e para toda a Comunidade Autónoma.
Este medio publica hoxe na súa web a ligazón ao audio no que falo do tema.
E fai constar a seguinte información que titula:
"Celso Delgado: Galicia leva o 11% do investimento do Estado"
E dí no texto da web: "A oposición considera que os orzamentos "maltratan" a Galicia, desde o PP lembran que estamos 3 puntos por encima do que pedía a esquerda cando gobernaba Zapatero. Agora "as partidas son suficientes para sacar adiante as principais infraestruturas pendentes", explica Delgado"
Falando dos Orzamentos Xerais do Estado 2017 na Cadea COPE
Reviewed by
Celso Delgado
on
jueves, abril 06, 2017
Rating:
5