A presidenta Ana Pastor clausura o I Congreso Internacional de Drons

Asisto onte á segunda xornada do I Congreso Internacional de Drons de Galicia en Expourense, que se centrou nas explicacións técnicas de empresas que desenvolven solucións baseadas na aplicación de drons a distintos sectores e actividades. Entre elas unha moi interesante relacionada coa inspección das infraestruturas.

Mais tarde no Balneario de Arnoia, tivo lugar no transucrso dunha cea a presentación das conclusións do Congreso. 

A presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, felicitou á Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións, que preside José Manuel Martínez, e reflexionou sobre o ·futuro de algo tan innovador como son os drons e que ten tantas aplicacións", un sector, dixo, "de excelencia que vai representar a parte máis importante do PIB nacional nos próximos anos". 

Tamén Ana Pastor apostou pola continuidade do congreso e partidaria de que volva celebrarse en Ourense.

Ao meu xuízo o balance deste I Congreso foi magnífico e serviu para que moitos - entre os que me atopo -  coñezamos a importancia dos drons e o seu gran futuro.

Parabén aos organizadores.

Citar tamén que neste evento tiven ocasión de coñecer a un dos mellores pilotos de de drons de españa, o extremeño Daniel Pachón, coñecido co "nick" de "Dani Pacha", que nos fixo unha demostración do funcionamiento deste pequeno dron.




Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.