Co presidente D. Ramón Alonso Fernández |
Asisto
hoxe pola noite en A Coruña a un acto organizado pola Federación Galega de Transporte de
Mercadorías de Galicia, FEGATRAMER na
que foron entregados uns galardóns de recoñecemento empresarial. Foron
homenaxeados 4 empresarios do sector, recoñecendo a sía dilatada traxectoria e
a sua contribución dentro do asociacionismo do transporte galego.
E
ademáis dous galardóns foron para deputados que fomos do Congreso na X
Lexislatura, o murciano Andres Ayala e eu mesmo.
A razón
que deron os organizadores foi a contribución prestada por nós como
parlamentarios - Ayala como voceiro do GPPP e eu como Presidente da Comisión de
Fomento - para conseguir, unha das principais novidades da Lei 9/2013, do
4 de xullo, pola que se introduciu unha importante modificación e actualización
da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres, que foi a contida na súa Disposición
Adicional 6ª.
Nesta
previsión contemplábase por primeira vez que, con carácter xeral, ?nos supostos
de intermediación na contratación de transportes terrestres, o transportista
que efectivamente realizase o transporte terá acción directa pola parte
impagada, contra o cargador principal e todos os que, no seu caso,
precedéronlle na cadea de subcontratación, en caso de falta de pagamento do
prezo do transporte por quen o contratase.
Esta
disposición foi consecuencia do diálogo permanente que mantivo o Ministerio de
Fomento co sector, desde a elaboración do primeiro borrador da norma ata a súa
aprobación polas Cortes Xerais, xa que a acción directa foi unha das principais
peticións dos transportistas e a súa redacción non terminou de ser definitiva
ata chegar a sede parlamentaria.
Precisamente
con ela buscábase dar solución a unha situación ata certo punto usual no
mercado español do transporte, no que abundan as subcontratacións, e no que con
certa frecuencia e a pesar de que o cargador principal abonaba o transporte ás
empresas intermediarias, estas non realizaban o pago ao transportista efectivo
no prazo e na cantidade acordadas.
Neste
sentido, e a pesar de que nas primeiras sentenzas que están a recaer nos
xulgados mercantís hai diversidade de criterio, e nalgún suposto está a
limitarse a literalidade da citada disposición cando o cargador principal si
pagou á empresa intermediaria, non parece que esta interpretación sexa a que
prevaleza cando se vaia unificando a doutrina polas instancias xudiciais
superiores.
Andrés Ayala, Ethel Vázquez e Ramón Alonso |
Asemade,
cabe lembrar que precisamente durante a tramitación parlamentaria da que logo
sería a Lei 9/2013, do 4 de xullo, eliminouse expresamente a limitación do
efecto desta acción directa "ata o importe que este (o cargador principal)
debera ao intermediario ao tempo da reclamación", co que a vontade de
lexislador é clara.
En
definitiva, esta acción directa impele aos cargadores unha maior atención nos
casos de subcontratación, xa que nestes supostos deberán verificar que o
carrexador contractual haxa realizado o pago ao transportista efectivo, algo
que non debería afectar negativamente o cargador nin aos subcontratados sempre
que actúen coa debida cautela.
Así
mesmo, esta posibilidade de reclamación establece unha garantía de pago
ao transportista efectivo, cuxa protección é o que precisamente busca a medida
máis que unha xeneralización da responsabilidade do cargador.
Moitas grazas a FEGATRAMER por este recoñecemento en especial ao presidente Ramón Alonso Vázquez e ao Secretario Xeral Juan Carlos García Cumplido.
Salientar que é unha Federación de ámbito autonómico, na que están englobadas empresas representativas de todo os subsectores que conforman o sector do transporte de mercadorías por estrada en Galicia, carga xeral, mudanzas, mercadorías perigosas, construción, escavacións e desmontes, frigoríficos, etc. e de todos os segmentos, autónomos ou autopatróns, en máis dun 50% e o resto pemes do transporte.
No seu conxunto alcanza a representación do 62% do sector empresarial de transporte de mercadorías por estrada e do 98% de empresas de servizos auxiliares de transporte, (Axencias, Distribuidores e Almacenistas), da nosa Comunidade.
A Federación Galega de Transportres, FEGATRAMER, a nivel do Estado atópase integrada en CONETRANS, a Confederación Española de Organizacións Empresariais de Transporte por Estrada, entidade que aglutina a máis de 30.000 empresas e con preto de 80.000 vehiculos, o que lle converte na organización empresarial do sector do transporte público de mercadorías máis representativa a nivel de España e a máis importante de Europa e a través da cal forma parte de CETM, a Confederación Española de Transporte de Mercadorías.
Recibirá resposta

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es