A singular beleza e monumentalidade da comarca de Monterrei

Onte nun magnífico día, mais estival que primaveiral, visito o  Pazo-Fortaleza de Monterrei na zona máis elevada do fermoso val de Monterrei, dende onde domina o territorio circundante e o veciño Portugal. 
Está considerada como o mellor exemplo de fortificación de todo o noroeste peninsular que inclúe poboación fóra da militar. E contan que aí foi emprazada a primeira imprenta de Galicia e de aí saíu o primeiro libro feito no país aplicando o invento de Gutenberg.
Aporta a web deste Concello estas referencias:
E tamén por si pensar en aloxarse no Parador existente:



http://www.parador.es/es/paradores/parador-castillo-de-monterrei


Despois desta visita descendo ata a capital comarcal, a Vila de Verín , onde como nun antigo restaurante,“ Casa Zapatillas” e por suposto bebo uns dos excelentes caldos da D.O. Monterrei, que produce algúns dos viños máis modernos de Galicia. Xa eran coñecidos na Idade Media e mesmo chegaron a América da man do quinto Conde de Monterrei, que foi Virrei das Indias.
E logo pola tarde viaxo desde Verín  por este fermoso val regado polo río Támega ata o vecino concello de Laza, entre desbordante natureza e impresionantes montañas.

Chego ao pobo de Castro de Laza e acudo a misa de xoves santo á  fermosísima igrexa barroca parroquial de San Pedro, que conta cun extraordinario retablo.
A todos recomendo visitar estes lugares e por suposto o extradordinario turístico destino que é a comarca de Monterrei.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.