sábado, 25 de marzo de 2017

Sobre o vindeiro Pleno do Congreso dos deputados

O Pleno do Congreso reúnese a próxima semana para debater, entre outras cuestións, se pon en marcha a reforma da lei que regula a corporación RTVE e da regulación legal da eutanasia; e decidir sobre a convalidación ou derrogación do Real Decreto-Lei de medidas para protexer aos debedores hipotecarios que aumenta a moratoria para desafiuzamentos de colectivos vulnerables e amplía os beneficiarios destas medidas.

O martes, a partir das 15 horas, debaterase a toma en consideración da proposta do Grupo Socialista para modificar a Lei da radio e a televisión de titularidade estatal, co obxectivo de "recuperar a independencia da Corporación RTVE e o pluralismo na elección parlamentaria dos seus órganos", que pretende volver á elección por maioría cualificada dos órganos de administración e goberno da Corporación.

A continuación, someterase ao primeiro exame parlamentario a Proposición de Lei de dereitos e garantías da dignidade da persoa ante o proceso final da súa vida. A iniciativa expón que o paciente poida rexeitar os tratamentos que non desexa; cumpra os desexos íntimos expresados nun testamento vital; faleza na intimidade persoal e familiar; ou co mínimo sufrimento físico, psíquico e espiritual posible.

A sesión continuará coas proposicións non de lei do Grupo Socialista sobre a reposición do dereito das persoas coidadoras non profesionais do Sistema de Dependencia ás cotizacións á Seguridade Social; e a de Cidadáns relativa á reforma do Tribunal Constitucional para  reforzar a súa independencia e garantir a rapidez e eficacia dos seus pronunciamientos. 

O Pleno do Congreso debaterá o martes en último lugar, as mocións consecuencia de interpelación sobre políticas para mellorar a seguridade dos usuarios de motocicletas e ciclomotores, de Cidadáns; e a de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, sobre corrupción en materia de xestión de augas.

Na xornada do mércores, o Pleno renovarase ás 9 da mañá coa sesión de control ao Goberno e o debate de interpelacións urxentes. 

O xoves pola mañá, decidirase a convalidación ou derrogación do Real Decreto-Lei que modifica o aprobado en 2012 de medidas urxentes de protección de debedores hipotecarios sen recursos e a Lei de 2013 de medidas para reforzar a protección aos debedores hipotecarios, reestruturación de débeda e aluguer social. 

O Goberno considera que na conxuntura actual "resulta conveniente ampliar o ámbito de aplicación das medidas de protección dos debedores hipotecarios en situación de especial vulnerabilidade", o que supón tanto modificar o ámbito de aplicación do Código de Boas Prácticas, coa opción de aluguer da vivenda executada a prezo reducido, como o daquelas persoas que se poden beneficiar da suspensión dos lanzamentos sobre vivendas.

Así, amplíase en tres anos adicionais, desde a entrada en vigor desta norma a moratoria dos desafiuzamentos a colectivos especialmente vulnerables, e amplíase este concepto ás familias numerosas, con fillos menores de idade, as monoparentais, as que conten cun membro cunha discapacidade do 33 por cento ou cunha persoa vítima de violencia de xénero, e aos debedores de máis de 60 anos. 

A continuación debaterase o Informe do Defensor do Pobo correspondente á xestión realizada durante o ano 2016, que recolle información estatística das actividades do órgano, suxestións e recomendacións  e información solicitada durante a supervisión das administracións do Estado no citado ano. 

O Pleno decidirá tamén o xoves a proposta dos grupos Socialista, de UP-EC-EM, Cidadáns, de crear unha Comisión de Investigación sobre o presunto financiamento ilegal do Partido Popular; e a posta en marcha dunha subcomisión no seo da Comisión Constitucional para estudar a reforma electoral.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta