sábado, 25 de marzo de 2017

Hoxe cúmprese o sesenta aniversario dos Tratados de Roma que deron orixe á Unión Europea

Hai 60 anos, en concreto o 25 de marzo de 1957 foron asinados os Tratados de Roma, que deron orixe á Unión Europea. Os  Estados signatarios foron  Alemaña Federal, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo, e os Países Baixos.

O primeiro estableceu a Comunidade Económica Europea (CEE) e o segundo estableceu a Comunidade Europea da Enerxía Atómica (CEEA ou Euratom). Ambos os tratados xunto co da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), deron orixe posteriormente ás Comunidades Europeas.

Por este motivo hoxe en Roma celébrase un cume  a 27, dos xefes de Estado e de Goberno de países da Unión Europea, no que estarán o presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, o presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, o presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, e representantes das restantes Institucións e distintos organismos da Unión.

Este Cume de Roma dará continuidade ao proceso de reflexión sobre o futuro da Unión Europea iniciado no Cume de Bratislava, celebrada o pasado 16 de setembro de 2016.

No Cume de Roma, prevese que os xefes de Estado e de Goberno adopten unha declaración que faga balance do conseguido nestes sesenta anos de construción europea e que fixe as grandes liñas do futuro do proceso de integración.

Celebrarase nun contexto marcado pola próxima notificación británica da súa intención de retirarse da Unión, as recentes eleccións celebradas en Países Baixos e os próximos procesos electorais en Francia e Alemaña.

O pasado 20 de marzo, o Goberno británico anunciou que o Reino Unido presentará o próximo 29 do mesmo mes a notificación da súa vontade de retirarse da Unión, de acordo co artigo 50 do Tratado da Unión Europea. Este anuncio tivo lugar despois de que o 13 de marzo o Parlamento británico aprobase a lei que permite ao Goberno levar a cabo dita notificación.

O presidente Tusk anunciou en rolda de prensa o 21 pasado de marzo a convocatoria dun Consello Europeo extraordinario o próximo 29 de abril para adoptar as orientacións para a negociación do Acordo de retirada.

No ámbito económico, a Unión Europea configurouse como unha potencia económica de primeira orde;  é a primeira potencia comercial do mundo e é, sobre todo, un bloque cuns niveis de benestar que non teñen comparación a nivel mundial, tanto pola cobertura dos seus sistemas de pensións, como polos seus servizos públicos de saúde e educación.

Europa viviu estes anos o maior período de paz e de prosperidade da súa historia.  Somos ademaís  a rexión do mundo con máis democracia e respeto aos dereitos humanos.

Ademais de conmemorar o pasado, en Roma os xefes de Estado e de Goberno falarán tamén do futuro. 

O Goberno de España encabezado por Mariano Rajoy defende seguir avanzando no proxecto europeo, buscando máis e mellor integración.

Isto pasa, en primeiro lugar, por actuar de forma decidida para dar resposta aos asuntos que hoxe máis preocupan aos cidadáns. Trátase das prioridades identificadas no Cume de Bratislava de setembro do pasado ano: desenvolvemento económico e social, seguridade interior e exterior; e migración e fronteiras exteriores. 

Pasa, tamén, por ofrecer unha visión a longo prazo do proxecto europeo que xere ilusión e confianza.  Para iso, o Goberno de España considera que é necesario seguir traballando na profundización da unión económica e monetaria para asegurar que funcione eficientemente e que os seus beneficios cheguen a todos os cidadáns.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 


Recibirá resposta