jueves, 16 de marzo de 2017

Visita dunha delegación de deputados da Comisión de Infraestrutura e Transporte do Consello de Representantes da República de Indonesia

Recibo hoxe con outros deputados da Comisión de Fomento no Congreso dos Deputados, unha visita dunha delegación da Comisión de Infraestrutura e Transporte do Consello de Representantes da República de Indonesia, encabezada por H. Muhidin M.Said, acompañada pola embaixadora en España Yuli Mumpuni Widarso.

O Parlamento dese País está formado por dous cámaras, a Cámara de Representantes (o DPR, Dewan Perwakilan Rakyat) con 560 membros, todos eles elixidos direc-tamente polo pobo, e a Cámara de Representación Rexional, o DPD (Dewan Perwakilan Daerah), unha cámara alta consultiva formada por 128 membros que representan ás rexións.

Esta República de 2.027.087 Km2, ten fronteiras terrestres con Malaisia, Timor Oriental e con Papúa - Nova Guinea. A súa poboación ascende a 258  millóns (est. 2016), a capital é Iacarta (9.607.789 hab. Censo 2010) 

A República de Indonesia, o maior arquipélago do mundo, está formada por máis de 17.500 illas, e atópase no extremo suroriental de Asia, enlazando xeograficamente co continente australiano. Conta con 54.000 km. de costa, a segunda máis longa do mundo despois de Canadá. As illas ou grupos de illas principais en termos de poboación e importancia son: Java; Sumatra; Kali¬mantan (Borneo); arquipélago de Sulawesi (Célebes); parte occidental de Papúa (Papúa Occidental) e arquipélago das Molucas.

Nesta reunión intercambiamos información sobre o funcionamiento das nosas respectivas Comisións e  tamén das posibilidades de investimento de España en Indonesia, que será un dos países máis desenvolvidos do mundo en 2025.

Ademais nesa Nación está en en marcha un Plan Mestre para a Aceleración e Expansión do Desenvolvemento Económico de Indonesia (2011-2025), con importantes orzamentos dedicados ao desenvolvemento de infraestruturas de transporte, como construción de 2000 Km de estradas e o desenvolvemento de 10 portos e 10 aeroportos ademais da construción de parques tecnolóxicos e centros de educación.

Trátase pois dun país que ten interese para as empresas españolas a curto e medio prazo pola cantidade e investimento prevista en infraestruturas e tamén en desenvolvemento turístico.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta