jueves, 16 de marzo de 2017

Derrogado o Real Decreto-Lei polo que se modifica o réxime dos estibadores

Esta mañá tras o debate o Pleno do Congreso dos Deputados derrogou, con 174 votos en contra, 33 abstencións e 142 votos a favor, o Real Decreto-Lei polo que se modifica o réxime dos estibadores que entrou en vigor o 25 de febreiro, día da súa publicación no BOE, e que pretendía dar cumprimento á Sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 11 de decembro de 2014, recaída no asunto C-576/13.

O principal obxectivo desta disposición normativa do Goberno era eliminar as restricións e establecer a liberdade de contratación. Para iso, o Executivo quería que as empresas estibadoras non tivesen que participar obrigatoriamente das Sociedades Anónimas de Xestión de Estibadores Portuarios (SAGEP) nin que tivesen que contratar aos traballadores que poñen estas a a súa disposición. 

Así, o Real Decreto-Lei contemplaba a creación dos centros portuarios de emprego (CPE) cuxo obxectivo era o emprego regular dos estibadores así como a súa formación e cesión temporal a empresas titulares de licenza de prestación do servizo portuario de manipulación de mercadorías ou de autorización de servizos comerciais portuario que actuarían como compañías de traballo temporal específicas para o sector. 

O proceso de cambio na contratación contaba cun período transitorio de adaptación de tres anos, desde a entrada en vigor do Real Decreto-Lei, no que as SAGEP subsistirían ata a súa extensión ou ata a súa regulación como Empresas de Traballo Temporal (ETT). 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta