Rajoy:" 2017, se non se fan disparates e mantense unha mínima estabilidade política será bo para España desde a perspectiva económica"

Durante a rolda de prensa posterior á reunión ordinaria do Consello Europeo de Bruxelas e á reunión informal dos Vinte e sete, xa sen o Reino Unido, Mariano Rajoy defendeu que as prioridades do Consello coinciden cos eixos da axenda de reformas de España desenvolveu nos últimos anos.

Mariano Rajoy destacou que a economía española experimentou unha transformación sen precedentes: "É exemplo de recuperación, achega estabilidade ao euro, crece máis que os demais países da UE e crea emprego. Somos o país da Unión Europea que máis emprego estamos a crear".

Neste sentido, o presidente asegurou que 2017, "se non se fan disparates e mantense unha mínima estabilidade política", será bo para España desde a perspectiva económica: "A nosa previsión é crecer o 2,5% e crear máis de 400.000 empregos, pero estamos a traballar para superar esas previsións". Por tanto, dixo, "habemos de perseverar nas políticas que levamos a cabo".

Rajoy defendeu ante os seus socios europeos os elementos que considera esenciais tanto para a Unión Europea como para España: "Non debemos reverter as reformas adoptadas, senón avanzar e, se é posible, melloralas. A nivel europeo, é fundamental manter e reforzar iniciativas como o Fondo Europeo de Investimentos Estratéxicos, o coñecido como Plan Juncker, que está a funcionar moi ben, e tamén a iniciativa de emprego novo. E temos que facer un esforzo para completar a Unión Bancaria".

O presidente avogou, ademais, por profundar no mercado único e por seguir impulsando o comercio como fonte de crecemento e de emprego. Neste punto, sinalou que, por primeira vez na historia, España tivo "catro anos continuados de superávit do noso sector exterior", o que contribuíu moito á recuperación económica. "Neste Consello Europeo reiteramos esta mensaxe xeral de apoio ao comercio como fonte de benestar, e eu estou satisfeito", engadiu.

Aínda que as cuestións económicas centraron este Consello Europeo, tamén se debateron outros asuntos. Mariano Rajoy comentou que, en materia de inmigración, o Mediterráneo central é o foco principal de preocupación para os socios europeos, pero España considera que é preciso estar atentos ademais á ruta do Mediterráneo occidental. "É un desafío que nos vai a acompañar durante bastante tempo. Temos que ter paciencia estratéxica, intelixencia e xenerosidade. Os principios que han de presidir os nosos esforzos son o diálogo e a cooperación cos países de orixe e tránsito",declarou.

O Consello Europeo valorou así mesmo as novas iniciativas en materia de seguridade interior e defensa. Segundo aountó Rajoy, "España situouse desde o principio na vangarda da construción europea de defensa. O noso país participou en todas as misións militares lanzadas pola UE, incluídas as seis actuais".

Neste punto, o presidente explicou que, a petición de España, as conclusións do Consello recollen o compromiso de lembrar anualmente a data do 11 de marzo, en que se conmemora do Día Europeo das Vítimas do Terrorismo, e de avanzar na súa atención.

O presidente afirmou que a saída do Reino Unido da Unión Europea non é boa para os intereses xerais da Unión: "Todos os países teremos que poñer máis diñeiro porque se vai un dos contribuíntes netos máis importantes".  Preguntado polo seu impacto sobre España, respondeu que non pode ofrecer cifras concretas, pois aínda non comezou a negociación.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.