jueves, 9 de marzo de 2017

Merecido premio ao fiscal Julian Pardinas pola implicación diaria coas mulleres vítimas de violencia

Asisto onte pola tarde no Liceo de Ourense  ao acto de entrega do XI Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades ao fiscal delegado de Violencia de Xénero en Ourense, Julián Pardinas Sanz.

O xurado desta undécima edición deste premio que organiza a Concellería de Igualdade do Concello de Ourense, destacou del "a implicación diaria coas mulleres vítimas de violencia, sendo recoñecido por toda a súa contorna, a súa humanidade, servizo implicado e sensibilidade cara as vítimas", segundo recóllese no acta, "moitas veces máis aló do que o seu posto require".

Julián Pardinas Sanz, ademais do seu labor á fronte da Fiscalía -que levou a cabo 1.068 procedementos xudiciais, un 12% máis que en 2015-, foi recoñecido polo Ministerio de Xustiza coa Cruz Raimundo de Peñafort ou a Cruz do Mérito da Garda Civil.

Entregou o premio o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, remarcou na entrega do premio e destacou que Julián Pardinas "foi pioneiro nesta loita nos xulgados de Ourense, moito antes mesmo de que houbese xulgado específico de Violencia de Xénero" e resaltou que "grazas ao Clara Campoamor deste ano, moitas mulleres recuperaron a súa vida en Ourense. Volveron a sentirse libres para vivir con maiúsculas".

Tamén lembrou que "a igualdade dás mulleres é cousa de mulleres, pero tamén de homes" xa que " non poderemos sentirnos libres mentres elas sigan sufrindo a discriminación".

Julián Pardinas, expresou  a súa gratitude por un premio que, dixo, considera especial por ser "da miña cidade"e dixo querer compartilo con todo o equipo que traballa na fiscalía. Tamén fixo un dobre chamamento. Á clase política no sentido de que a loita contra a violencia de xénero non pode estar na loita política permanentemente e que quere dun Pacto de Estado. E aos medios de comunicación para lembrarlles que teñen unha importante responsabilidade nesta materia porque tamén lles corresponde o labor educativo.

As miñas felicitacións a Julián Pardinas, un fiscal de gran categoría e unha excelente persoa, que recibe un premio moi merecido.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta