Lamentable actitude de En Marea-Podemos nun tema tan serio como a loita contra a violencia de xénero

O pasado sábado daba conta neste blog do acto que o PP de G realizou en Compostela para homenaxear ás mulleres.

Nel expresamos que os populares estamos decididos a poñer fin aos últimos redutos da desigualdade, que teñen como máximo expoñente a violencia machista, unha lacra a erradicar. Nese sentido, citar como exemplo que o Goberno galego tomou a decisión de persoarse en todos os asasinatos relacionados coa violencia machista na comunidade.

Nese acto o noso Partido non empregou nin un segundo en atacar absolutamente a ningún partido político adversario.

Lamentablemente este fin de semana e a través de Twetter coñecemos un chío altamente ofensivo para todos os militantes do Partido Popular, elaborado pola deputada de En Marea- Podemos, Carmen Santos, que dicía

«Hoy todas en la lucha feminista. Reivindicamos que no nos asesinen señores del @ppdegalicia. Politizáis con pasividad»

Unha expresión que intenta vincular a violencia de xénero coas siglas do Partido Popular, unha formación firmemente comprometida na loita contra a violencia de xénero e coa igualdade efectiva entre homes e mulleres.

Hoxe o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, solcitaba no nome de todos os deputados e deputadas dese grupo unha desculpa pública á  citada deputada e dicía “Confiamos que se produza esta desculpa, co fin de evitar ulteriores actuacións por parte do noso grupo parlamentario e coa que avanzaríamos bastante nas boas relacións entre os grupos no Parlamento galego”

Puy subliñou que unha das cuestións que o Grupo Popular procura en todas as súas actuacións parlamentarias “é acadar consensos en todo o relacionado coa promoción da igualdade efectiva e real entre homes e mulleres”.

“Espero que se rectifiquen estas acusacións porque, se como parece é un problema de puntuación e gramática, a desculpa é bastante sinxela e rápida se se quere realizar”, indicou.

Onte mesmo, como todos os primeiros luns de mes houbo unha concentración para condenar a violencia machista, diante da casa do Concello de Ourense, na que xente de todos os partidos políticos expresaron en silencio a máis contundente repulsa a esta lacra.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.