sábado, 4 de marzo de 2017

ADIF informa que non eliminou nin vai eliminar o servizo de venda de billetes na estacións ferroviarias de Galicia

Desde hai algunhas semanas en noticias aparecidas os medios de comunicación viñeron falando da  previsible  supresión do servizo de venda de billetes do transporte ferroviario en determinadas estacións ferroviarias de Galicia: Sarria, A Rua, Petín, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ribadavia e Guillarei., 

Pois ben para desmentir esta noticia, Adif acaba de informar por carta a Xunta de Galicia e aos alcaldes destas localidades que non eliminou nin vai eliminar este servizo de venda de billetes que realiza a través das persoas que desempeñan estas funcións no ámbito da circulación. 

Así mesmo, confírmalles que Adif de ningún xeito expuxo, como tamén se chegou a dicir estes días, o peche destas estacións.

Igualmente informa Adif que non van alterar os servizos que se están prestando aos viaxeiros ou cidadáns que utilizan as citadas  estaciónes. E reitera Adif  que o persoal de circulación da compañía continuará realizando as funcións comerciais nesas estacións, que, doutra banda, en ningún momento durante estes días deixaronse de ofrecer.

Acerta Adif ao trasladar esta información á Xunta, concellos, clientes do ferrocarril, en particular, e á cidadanía, en xeral.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta