Xaneiro pecha con 569.817 afiliados medios máis á Seguridade Social, a mellor taxa rexistrada desde 2007

Hoxe coñecemos que a afiliación media á Seguridade Social alcanzou 17.674.175 ocupados en xaneiro, tras descender en 174.880 persoas (o -0,98 %). Pese ao descenso, habitual pola finalización da campaña de Nadal, trátase do mellor dato mensual da última década.

En termos interanuais, o primeiro mes do ano pechou con 569.817 afiliados medios máis, o 3,33%, a mellor taxa rexistrada desde 2007. Este aumento débese en gran parte ao bo funcionamento do Réxime Xeral que suma 541.828 ocupados (3,90%).

 O Réxime Xeral rexistrou un descenso de 157.634 (-1,08%), ata alcanzar os 14.434.274 ocupados. En xaneiro, diminuíu a afiliación practicamente en todos os sectores; destacan Comercio e reparación de vehículos de motor e motocicletas -36.453 (-1,55%); Hostalería -33.216 (-2,99)9%; Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares  -28.084 (-2,34%) e Actividades Sanitarias e Servizos Sociais -10.303 (-0,73%).

En canto ao Sistema Especial Agrario, descendeu en -791 afiliados (-0,10%), e sitúase en 813.181afiliados medios. E o Sistema Especial do Empregados do  Fogar diminuíu en -5.837 (-1,36%);  alcanza os 422.008 ocupados.

O Réxime de Autónomos conta con 3.177.431 persoas, tras reducirse en 16.778 (-0,53%).

Respecto ao Réxime Especial do Mar,  resta 347 ocupados (-0,58%) ata situarse en 59.874 ocupados. Finalmente, o Carbón está constituído por 2.505 afiliados medios tras descender en 121persoas o pasado mes (-4,46%).

En canto ao dato desestacionalizado, básico para ver a tendencia da afiliación, suma 37 meses en positivo e é o maior aumento mensual da serie, con 67.460 afiliados.
A cifra de afiliados á Seguridade Social descende en xaneiro en todas as Comunidades Autónomas. Destacan Cataluña, (-31.068), a Comunidad de Madrid (-24.904), a Comunidade Valenciana (-25.852) e Andalucía (-18.385).
En relación ao ano pasado, o Sistema gañou 569.817 ocupados, o 3,33%. En concreto, destaca o bo comportamento do Réxime Xeral, que incorpora 541.828 traballadores (3,90%).

No Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa aumentou un 0,89%, o que se traduce nun crecemento de 27.959 persoas. O Réxime do Mar subiu un 1,67% (982) e o Carbón rexistrou un descenso de 952 persoas (-26,85%).

En termos anuais a ocupación crece en todas as provincias e Comunidades Autónomas, excepto en Melilla. Entre as que rexistran incrementos,  destacan Baleares (5,58%), Canarias (5,37%), Cataluña (3,95%) e Comunidade Valenciana (3,81%).

 GALICIA

A afiliación media á Seguridade Social alcanzou 950.747  ocupados en xaneiro, tras baixar en 12.988 afiliados medios (-1,35 %).

En termos interanuais, o primeiro mes do ano pechou con 19.865 afiliados medios máis, un 2,13 %.

OURENSE

A afiliación media á Seguridade Social alcanzou 99.164  ocupados en xaneiro, tras baixar en 1.469 afiliados medios (-1,46 %).

En termos interanuais, o primeiro mes do ano pechou con 1.194 afiliados medios máis, un 1,22 %.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.