lunes, 6 de febrero de 2017

No faladoiro de Radio Voz


Interveño hoxe no faladoiro de radio Voz no programa "Voces de Galicia"  que compartín con Ricardo García Mira e Carmen Adán. Fíxeno desde o meu despacho no Congreso e vía telefónica, xa que esta tarde teño actividade parlamentaria.

A moderadora Antía Díaz Leal propúxonos falar en primeiro lugar dos danos causados polos temporais en Galicia e en especial dos problemas na subministración eléctrica  que afectaron a miles de galegos.

Dixen que as duras condicións meteorolóxicas  provocaron moitísimas incidencias e que as compañías eléctricas tiveron que facer un gran esforzo para solucionar os cortes no subministro eléctrico e restituír o servizo en fogares e empresas galegas. Non se pode esquecer a caída de enormes torretas de alta tensión por mor dos fortes ventos. En calqueira caso engadín, os afectados poden facer reclamacións en consumo ou nas aseguradoras para esixir - no seu caso- responsabilidades ás eléctricas.

Logo falamos do xuízo que se iniciou hoxe no Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña que xulga o caso aberto en relación coa consulta do 9-N de 2014 que afecta ao expresidente da Generalitat de Catalunya Artur Mas, á exconsellera de Ensenyament Irene Rigau e á ex vicepresidenta do Govern catalán Joana Ortega.

Dixen que o instrutor, no seu auto de apertura de xuízo oral considerou que os feitos poden ser constitutivos, indiciariamente, dos delitos de desobediencia grave labor por autoridade pública e de prevaricación administrativa. E que agora corresponde ao poder xudicial axuizar.

Lembrei dous artigos da Constitución Española. O Artigo 117 que no seu punto 1 proclama que "a xustiza emana do pobo e adminístrase en nome do Rey por Xuíces e Maxistrados integrantes do poder xudicial, independentes, inamovibles, responsables e sometidos unicamente ao imperio da lei". E o Artigo 118 que di que "É obrigado cumprir as sentenzas e demais resolucións firmes dos Xuíces e Tribunais, así como prestar a colaboración requirida por estes no curso do proceso e na execución do resolto".

Aludín á suspensión do chamado "proceso de participación cidadá" polo Tribunal Constitucional mediante providencia do 4 de novembro de 2.014. E que a pesar de todo os acusados presuntamente dispuxeron o inicio de diversos procedementos administrativos encamiñados a organizar a votación prevista para o día 9 de novembro.

Afirmei que en España ninguén vai aos xulgados polas súas ideas, senón por incumprir a lei e que somos un Estado con liberdade de pensamento e de expresión, pero a lei obríganos a todos.

E fixen unha pregunta a Carmen Adán que insistía en que estamos ante un proceso de tipo político

Que leis hai que cumprir e cales non, as que non lle gustan?  Dixen que  ninguén está lexitimado para saltarse a lei arbitrariamente.

Finalmente falamos dos populismos que ameazan en Francia e que produciron nos EEUU a chegada de Trump, e se iso supoñía un cuestionamiento do sistema.

A este respecto dixen que era un fenómeno preocupante, pero non alarmante e que os cidadáns cren na democracia e no poder do seu voto e que polo menos en España isto vese reflectido na participación e nos resultados electorais.

Puxen como exemplo as pasadas eleccións xerais de 2016 nas que participou o 69,84 % do censo electoral e que sen dar maioría absoluta a ninguén outorgou aos chamados partidos clásicos, unha aínda notable representación.

Dixen que a mellor maneira de amortecer o populismo é que cheguen ás institucións e véxanse na necesidade de gobernar e manter os servizos públicos e o Estado do benestar. Desde aí é máis difícil dar respostas realistas que desde a rúa, que non compromete máis que a facer frases e slogans. Expresei finalmente a miña plena confianza no sistema democrático como o mellor para xestionar os asuntos xerais.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta